Abrir o menú principal

Santiago Losada Amor, nado en 1910 en Pontevedra e finado en xaneiro de 1977 na mesma cidade, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro.

Santiago Losada Amor
Nacemento1910
 Pontevedra
Falecemento1977
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a xogar profesionalmente no Eiriña CF a comezos dos anos vinte e pronto fichou polo Celta de Vigo, cando este disputaba a primeira edicións da Liga española na Segunda División, na tempada 1929/30 con Ramón Encinas como adestrador, esa tempada marcou 5 tantos.

A finais de 1930 o Celta decide traspasalo para facer caixa, polo que se trasladaron a Vigo representantes do Atlético de Madrid e do RCD Espanyol, porén o fichaxe conseguiuno o Atlético a cambio de 30.000 pesetas. O Espanyol tentou fichar ao capitán José Vega pero este declinou a oferta e conseguiron a fichaxe de Edelmiro, recentemente chegado de Cuba.

En Madrid xogou a moi bo nivel, chegando a ser convocado coa Selección do Centro de España. Na tempada 1931-32 tivo un importante conflito co Atlético ao lesionarse nun amigábel co Celta contra o FC Porto sen o permiso do club madrileño.

Tras varios anos co Atlético en Segunda División na tempada 1934/35 ficha polo Real Madrid co que xogaría so un ano, marcando 3 goles en catro encontros.

Véxase taménEditar