Santiago Abella
arqueólogo e escritor galego
Santiago Abella Iglesias, nado en Noia en 1845 e finado en Buenos Aires o 5 de agosto de 1913, foi un arqueólogo e escritor galego.
Santiago Abella | |
---|---|
Nacemento | 1845 |
Lugar de nacemento | Noia |
Falecemento | 5 de agosto de 1913 |
Lugar de falecemento | Buenos Aires |
Nacionalidade | España |
Ocupación | arqueólogo e escritor |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Emigrado na Arxentina. Era contrario á consideración do galego como lingua, e polemizou con Manuel Murguía e Carré Aldao. Publicou en Correo de Galicia La villa de Noya, unha historia de Noia que recolle informes do arqueólogo noiés Ramón Álvarez de la Braña. Tamén colaborou en Gaceta de Galicia. Deixou inédito o manuscrito Un año en Compostela. Finou en Buenos Aires o 5 de agosto de 1913.[1]
Obras Editar
- Disertaciones de un estoico, 1910.
- Notas de un viaje a Palestina, 1910.
- La villa de Noya. Su historia, su topografía, sus monumentos y sus hombres ilustres, 1911.
Notas Editar
- ↑ Nova Galicia, 23-8-1913, p. 2.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 2.