Abrir o menú principal

Ramón Álvarez de la Braña

arqueólogo e escritor galego

Ramón Álvarez de la Braña, nado en Noia en 1837 e finado en Valladolid en xullo de 1906[1], foi un arqueólogo e escritor galego.

Ramón Álvarez de la Braña
Nacemento1837
 Noia
Falecementoxullo de 1906
 Valladolid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarqueólogo e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Afeccionado ao debuxo na súa mocidade, estudou para arquiveiro-bibliotecario en Madrid e exerceu como tal entre 1866 e 1903. Escribiu artigos históricos e literarios en xornais e revistas como La Suerte, de Sevilla; El Buscapié, de Pontevedra; Galicia, da Coruña; Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos; La Ilustración Española y Americana; El Boletín Histórico; La Ilustración Nacional e La Gaceta Popular. Recolleu algúns dos seus apuntamentos históricos no volume Galicia, León y Asturias, publicado na Coruña en 1894 con limiar de Luís Rodríguez Seoane. Neste volume figura tamén a introdución dun libro titulado Gramática y vocabulario del dialecto gallego (Madrid, 1863), que tentou publicar de mozo e do que só se imprimiron dous pregos. Tamén cultivou a novela histórica.

ObrasEditar

EnsaioEditar

  • Catálogo de la Biblioteca Provincial de León, 1875, 1897 e 1905.
  • Guía del viajero en Santiago, 1876 e 1885.
  • Biblioteca legionense. Su origen y vicisitudes, con dos memorias anuales y los índices de manuscritos, incunables y libros raros y curiosos, 1884.
  • Siglas y abreviaturas latinas con su significado y un catálogo de las que se usaban en los documentos pontificios, premio na Exposición Literaria y Artística de Madrid (1885).
  • Relación del descubrimiento del río Apure hasta su ingreso en el Orinoco, por fray Jacinto de Carvajal, con ilustracións do señor Braña e don Juan L. Castrillón.
  • Galicia, León y Asturias, 1894.

Novela históricaEditar

  • Roland, palma de prata nun certame internacional de Tolosa.
  • Don Gutierre, folletín de El Porvenir de León (1895-96).

NotasEditar

  1. El Eco de Santiago, 23-7-1906, p. 1.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar