Santa Lucía nos Xogos Olímpicos

Santa Lucía participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1996, e dende entón enviou deportistas para cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán. O país nunca participou nos Xogos Olímpicos de Inverno. Julien Alfred gañou as primeiras medallas do país en París 2024, un ouro nos 100 metros femininos, cun novo récord nacional (10,72s) e unha prata nos 200 metros femininos. Foi a primeira vez dende 2004 que a gañadora dos 100 metros non era unha atleta de Xamaica.

Santa Lucía, Caribe nos Xogos Olímpicos

Código COI LCA
Comité nacional Comité Olímpico de Santa Lucía
slunoc.org (en inglés)
Medalleiro
Ouro
1
Prata
1
Bronce
0
Total
2

O Comité Olímpico Nacional de Santa Lucía foi creado en 1987 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en 1993.

Táboas coas medallas

editar

Medallas nos Xogos de Verán

editar
Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Atlanta 1996 6 0 0 0 0
  Sydney 2000 5 0 0 0 0
  Atenas 2004 2 0 0 0 0
  Pequín 2008 4 0 0 0 0
  Londres 2012 4 0 0 0 0
  Río de Xaneiro 2016 5 0 0 0 0
  Toquio 2020 5 0 0 0 0
  París 2024 4 1 1 0 2 55
  Os Ánxeles 2028 Evento futuro
  Brisbane 2032
Total 1 1 0 2 111

Lista de medallistas

editar
Medalla Nome Xogos Deporte Evento
  Ouro Alfred, JulienJulien Alfred   París 2024   Atletismo 100 metros femininos
  Prata Alfred, JulienJulien Alfred   París 2024   Atletismo 200 metros femininos

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar