Santa Eulària des Riu

Santa Eulària des Riu é un concello situado na zona oriental da illa de Eivisa, no arquipélago das Illas Baleares. É o segundo concello máis poboado da illa con 34.946 habitantes (2012), por detrás da vila de Eivisa.

Modelo:Xeografía políticaSanta Eulària des Riu
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°59′05″N 1°32′01″L / 38.984722222222, 1.5336111111111Coordenadas: 38°59′05″N 1°32′01″L / 38.984722222222, 1.5336111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Baleares
Provincia históricaprovincia de Baleares
IllaEivisa Editar o valor em Wikidata
CapitalSanta Eulària des Riu Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación41.228 (2023) Editar o valor em Wikidata (268,62 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie153,48 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Altitude52 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataCarmen Ferrer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal07840 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE07054 Editar o valor em Wikidata

Páxina websantaeulalia.net Editar o valor em Wikidata

Historia editar

 
Vista da vila

Na época musulmá a zona chamábase Xarc. Coa conquista aragonesa modificouse a división da illa en cuartos similares á organización municipal actual. O cuarto de Santa Eulària correspondeu ao infante Pedro de Portugal, señor feudal de Guillem de Montgrí, bispo de Tarragona, o cal tiña os dereitos reais de conquista. O rei de Aragón Xaime I adquiriu os dereitos de Pedro de Portugal, pasando a chamarse «Quartó del Rei». Isto provocou algúns problemas xurídicos xa que o rei, en Eivisa, era señor feudal do bispo de Tarragona o cal, á súa vez, era vasalo do rei de Aragón.

A localidade xurdiu arredor da igrexa na cima do Puig de Missa. A igrexa actual é do século XVI así como a torre anexa desde a que se podía defender con artillaría toda a comarca.

Xeografía editar

O termo municipal comprende, ademais da parroquia de Santa Eulària des Riu, as de Sant Carles e Santa Gertrudis, e tamén a parroquia de Nostra Senyora de Jesús e el Puig d'en Valls.

O nome de Santa Eulària provén da igrexa que construíron inmediatamente despois da conquista. Ademais, ten o único río da illa, importante na época polo regadío da horta e polos muíños fariñeiros.

Demografía editar

Evolución da poboación de Santa Eulària des Riu dende o ano 1950:

Poboación por entidades:

  • Nostra Senyora de Jesús: 4.499 hab.
  • Puig d'en Valls: 3.613 hab.
  • Sant Carles de Peralta: 3.195 hab.
  • Santa Eulària des Riu: 13.737 hab.
  • Santa Gertrudis de Fruitera: 1.680 hab.

Política editar

A repartición de escanos nas dúas últimas lexislaturas quedou deste xeito:


PSOE PP ExC Total
2011 6 14 1 21
2007 8 13 0 21

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar