Sant Pere de Ribes
Coordenadas: 41°16′N 1°46′L / 41.267, -1.767
Sant Pere de Ribes é un municipio da comarca do Garraf, na provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado ao suroeste do macizo do Garraf, cunha pequena zona costeira. Ademais da capital municipal inclúe, entre outros, o barrio de Les Roquetes.
Sant Pere de Ribes | ||
---|---|---|
| ||
![]() | ||
Localización | ||
![]() | ||
País | ![]() | |
Comunidade Autónoma | ![]() | |
Provincia | Barcelona | |
Comarca | Garraf | |
Xeografía | ||
Altitude | 44 msnm | |
Superficie | 40,71 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 28.399 hab. (2010) | |
Densidade | 697,59 hab./km² | |
Xentilicio | Ribetà/-ana | |
Outros datos | ||
Código postal | 08810 | |
Alcalde | Josep Antoni Blanco i Abad (PSC) | |
www.santperederibes.org |

Demografía editar
O gran crecemento demográfico de Sant Pere de Ribes tivo lugar a partir dos anos 1950 pola inmigración da época, e a consecuencia máis inmediata foi a aparición do núcleo de Les Roquetes. Ademais, nesa época produciuse unha importante chegada de murcianos a Ribes.
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 1986 | 2006 |
---|---|---|---|---|---|---|
2.081 | 2.015 | 2.048 | 5.291 | 10.517 | 11.695 | 26.859 |
Festividades editar
A vila de Ribes celebra a súa festa maior de Sant Pau o 25 de xaneiro, festividade da Conversión de San Pablo Apóstolo, e a de Sant Pere o 29 de xuño, festividade de San Pedro e San Pablo. A festa de verán está documentada desde o século XVII e a de inverno ao século XX. Os actos principais da festa teñen lugar a véspera e o mesmo día. Durante os fins de semana anterior e posterior hai tamén actos culturais. As dúas celebracións son consideradas festas locais.
O núcleo de Puigmoltó celebra a súa festa maior de Sant Jaume durante a fin de semana máis próxima ao 25 de xullo, día de San Xaime. O núcleo de Roquetes del Garraf celebra a Santa Eulalia, o 12 de febreiro, e o San Xoán, o 24 de xuño. Varias urbanizacións do municipio celebran tamén as súas propias festas en agosto, como o barrio do Palou, que celebra a Santa María o día 15.
Cidades irmandadas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sant Pere de Ribes |
- Sitio web do concello(en catalán)
- Información e novas de Sant Pere de RibesArquivado 30 de xullo de 2005 en Wayback Machine. (en catalán)