Sant Jaume de Frontanyà
Coordenadas: 42°11′20″N 2°01′33″L / 42.18889, -2.02583
Sant Jaume de Frontanyà é un municipio español, da provincia de Barcelona en Cataluña. Forma parte da comarca do Berguedà e esténdese por unha superficie de 21,3 km². No ano 2010 o concello tiña 24 habitantes, sendo o concello menos poboado de Cataluña, e á súa vez da provincia de Barcelona.
Sant Jaume de Frontanyà | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Berguedà | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1.072 msnm | ||
Superficie | 21,3 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 24 hab. | ||
Densidade | 1,13 hab/km² | ||
Xentilicio | Frontanyenc, frontanyenca | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Ramon Vilalta i Clotet (ERC) | ||
www.santjaumedefrontanya.net |
DemografíaEditar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
214 | 198 | 159 | 21 | 20 | 28 | 29 |

Lugares de intereseEditar
- Mosteiro de Sant Jaume de Frontanyà, do século XI.
- Ermida de Sant Esteve de Tubau, de orixe prerrománica.
- Santuario da Verge dels Oms, do século XVIII.
Política e administraciónEditar
Debido á súa escasa poboación funciona en sistema de concello aberto. Este pequeno concello barcelonés é coñecido tamén por ser un dos primeiros concellos que votou a favor na consulta pola independencia catalá, o 12 de decembro de 2009. O referéndum, sen validez legal algunha, foi aprobado con 18 dos votos a favor da independencia e 1 deles en contra das 19 papeletas contabilizadas.
FestividadesEditar
- Luns de Pascua- Aplec del Santuari dels Oms
- 1 de maio- Festa del Pa
- 25 de xullo- Festa Maior de Sant Jaume
Galería de imaxesEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sant Jaume de Frontanyà |