Igrexa de San Clemente de Taüll

igrexa románica
(Redirección desde «Sant Climent de Taüll»)

A igrexa de San Clemente de Taüll[1] (en catalán: Sant Climent de Taüll) é unha igrexa románica que se atopa na localidade de Taüll, no concello de La Vall de Boí. Atópase na entrada suroeste do centro de Taüll, ao bordo da estrada L-501. Non está moi lonxe da de Santa María de Taüll, que está situada na praza da vila. En 1931, foi declarada Monumento Histórico-Artístico (Ben de Interese Cultural) e en 2000, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, dentro do conxunto das igrexas románicas catalás da Vall de Boí.

Igrexa de San Clemente de Taüll
Igrexa de San Clemente de Taüll.
Datos xerais
PaísEspaña España
RexiónCataluña Cataluña
TipoIgrexa
AdvocaciónSan Clemente
LocalizaciónLa Vall de Boí
Coordenadas42°31′02″N 0°50′54″L / 42.517222222222, 0.84833333333333Coordenadas: 42°31′02″N 0°50′54″L / 42.517222222222, 0.84833333333333
CatalogaciónMonumento histórico
Culto
CultoIgrexa Católica
Arquitectura
Construción1123
EstiloRománico
Medidas85 x 90 m
Igrexa de San Clemente de Taüll en Cataluña
Igrexa de San Clemente de Taüll
Igrexa de San Clemente de Taüll
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Ao igual ca o resto igrexas de La Vall de Boí, a de San Clemente de Taüll foi obxecto da venda e troco no ano 1064 polos condes de Pallars Sobirà, Artau I e a súa muller Llúcia de la Marca, aos condes de Pallars Jussà, Ramon V e a súa muller Valença de Tost, xunto co castelo de Erill e outras posesións.

A primeira mención específica da igrexa é de 1123: o 10 de decembro foi consagrada por San Ramón, bispo de Roda,[2] xusto un día antes de consagrar Santa María de Taüll, igrexa coa que compartiu parroquia durante case toda a Idade Media. Existe unha terceira igrexa en Taüll: San Martiño. A data de consagración de San Clemente de Taüll conservouse nunha pintura mural románica no interior mesmo da igrexa.

En calquera caso, San Clemente semella ser o intento marrado dos señores de Erill de estabelecer un núcleo monástico no val.

Na Baixa Idade Media, e por pertencer ao Condado de Pallars, La Vall de Boí pasou ao bispado de Urgell, onde gozou dun réxime especial, xa que o conxunto das parroquias estaba rexido por un conxunto de correitores, que chegaban a oito nalgúns períodos. Estes correitores tiñan que ser fillos de La Vall de Boí; o santuario de Caldes de Boí actuaba como centro coordinador das parroquias do val.

O 5 de setembro de 1907 foi un dos lugares polos que pasou a Missió arqueològico-jurídica a la ratlla d'Aragó, organizada polo Institut d'Estudis Catalans coa misión de protexer o patrimonio artístico catalán. O equipo estaba formado por Josep Puig i Cadafalch, Guillem Marià Brocà, Josep Gudiol, Josep M. Goday e Adolf Mas.[3]

Notas editar

  1. edu.xunta.gal (ed.). "A visión do mundo na Idade Media". Consultado o 12 de setembro de 2023. 
  2. Junyent, Eduard (1996). Encuentro, ed. Rutas románicas en Cataluña. ISBN 847490403X. .páx. 103
  3. Sàez, Anna (xaneiro de 2008). "La gran aventura dels Pirineus". Sàpiens (Barcelona): p. 26–31. ISSN 1695-2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar