San Procolo (Michelangelo)

San Procolo, é unha escultura realizada por Michelangelo, no seu período xuvenil entre os anos 1494 e 1495 para a Arca de san Domingos, no interior da basílica de san Domingos en Boloña.

San Procolo de Michelangelo en Boloña.

Executada xunta outras dúas esculturas máis: San Petronio e un Anxo para completar o traballo que deixou sen rematar debido ao seu falecemento Niccolo dell'Arca, apréciase certo parecido con Donatello.

Segundo un testemuño do frade Ludovico da Prelormo, ancián custodio da Arca de san Domingos, sobre a ruptura da estatua de san Procolo en 1572:

Na véspera de San Domenico o pobre desgraciado fra Pelegrino creba a estatua de san Procolo, tirouna ao chan en máis de cincuenta pezas. Eu nunca tiven en oitenta anos, máis intensa dor no corazón que esta. Dende logo, crinme morrer, viñeron os frades a confortarme, e moitos mestres que dominan a arte, polo tanto que llelo levaron e axustárona ao que no presente se ve.