Arca de san Domingos
A Arca de san Domingos, é o monumento funerario que contén os restos de sa Domingos de Guzmán, na basílica de San Domingo de Boloña.
Historia
editarDespois da morte de Domingos de Guzmán en 1221, os seus restos foron postos o ano 1233, nun simple sartego de mármore dentro do altar dunha capela lateral da basílica de san Domingos. Co obxecto de ser visíbel para os fieis, en 1267 os restos do santo foron trasladados a un monumento maior decorado con episodios da vida do santo, obra de Nicola Pisano e os seus discípulos Fra Gugliemo Agnelli e Arnolfo di Cambio. Máis adiante foi modificada a súa decoración por Niccolo da Bari (que a partir desta obra sería máis coñecido como Niccolo dell'Arca), o cal realizou as estatuas dos catro evanxelistas, de San Francisco de Asís, san Domingos de Guzmán, san Floriano, san Vitale e un Cristo morto adorado por anxos, todo coroado pola imaxe de Deus Pai. Pola morte en 1494 deste artista, recorreuse a Michelangelo para a terminación das imaxes de san Petronio, san Procolo e un Anxo porta candelabro facendo parella co de Niccolo dell'Arca. O ano 1531 fixo o escultor Alfonso Lombardi, os baixo reieves para a predela de mármore da Arca con Escenas da vida de san Domingos de Guzmán e a Adoración dos Reis Magos.
-
Anxo de Niccolo dell'Arca.
-
Detalle da decoración por Nicola Pisano.
-
Relevo coa Adoración dos Reis Magos de Alfonso Lombardi.
-
Anxo de Michelangelo.