Abrir o menú principal

San Martiño de Mondoñedo, Foz

(Redirixido desde "San Martiño de Mondoñedo")

San Martiño de Mondoñedo é unha parroquia do concello de Foz na comarca da Mariña Central. Ten unha superficie de 5 km², e 19 entidades de poboación. Segundo o Instituto Galego de Estatística[1] en 2016 tiña 599 habitantes (296 homes e 303 mulleres), 63 menos ca en 2007 (326 homes e 336 mulleres) e 109 menos que en 1999.

San Martiño de Mondoñedo
San Martiño de Mondoñedo3.jpg
Igrexa de San Martiño de Mondoñedo
ConcelloFoz
Área5 km²
Poboación599 hab. (2016)
Densidade119,8 hab./km²
Entidades de poboación19

Índice

PatrimonioEditar

 
Entrada principal da antiga Catedral

A basílica de San Martiño de Mondoñedo foi fundada polo bispo de Dume no século IX, ao se refuxiaren en Bretoña a nobreza e o clero por medo ao perigo musulmán. Destruída a capital de Bretoña polos normandos nas invasións de 966 - 971, o rei Afonso III estableceu en Mondoñedo a nova sé, da cal o primeiro bispo foi Sabarico. Mondoñedo foi capital até 1112 da terra dos bretoñeses.

Nas obras de restauración realizadas nesta basílica nos primeiros meses de 2008 puxéronse ao descuberto unhas pinturas murais, moi deterioradas, que foron catalogadas como os frescos románicos máis antigos de Galicia, datados no século XII [2]. Durante a Idade Media, estas pinturas foron cubertas por sucesivas capas de cal, práctica habitual no mantemento das igrexas da época.

Galería de imaxesEditar

Basílica, interior 
Vista da Basílica 
Portada, interior 
Portada, exterior 
Vista dende A Frouxeira cara ó NE. Ao pé, o val de San Martiño. Ó fondo, a ría de Foz 
Fonte da Zapata 
Cruceiro de San Martiño de Mondoñedo 
Capela do Bispo Santo 
Vista desde o Alto da Grela 

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar