San Cibrao, Viana do Bolo
San Cibrao é unha parroquia do concello ourensán de Viana do Bolo. Segundo o IGE en 2009 tiña 77 habitantes (42 homes e 35 mulleres), 20 menos ca en 1999. Está situada aproximadamente a dous quilómetros da capital do concello, a carón da estrada OU-533, á beira do río Camba na altura do encoro do Vao.
San Cibrao | |
---|---|
Igrexa de San Cibrao. | |
Concello | Viana do Bolo[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°10′09″N 7°07′28″O / 42.16928895, -7.12437083Coordenadas: 42°10′09″N 7°07′28″O / 42.16928895, -7.12437083 |
Poboación | 66 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Economía
editarA industria principal é a agricultura, aínda que está en bastante decadencia debido a que a xente nova emigrou, e os vellos xa non poden continuar coa actividade. En tempos tiña hortas e praderías moi fértiles, moitas delas asolagadas coas obras do encoro do Bao.
Hoxe o seu recurso principal, alén doutras actividades, é a venda de castañas. A parroquia ten soutos moi fértiles e produtivos, nos que hai castiñeiros centenarios.
Patrimonio
editarO seu principal monumento é a igrexa románica se restaurou hai uns anos. Formou parte dun convento da orde do Temple. Da súa primitiva fábrica só se conserva a sinxela portada occidental cuberta por un alpendre aberto.
Galería de imaxes
editar-
Portada da igrexa de San Cibrao.
-
Fonte a carón da igrexa.
-
Aldea da Touza.
Lugares e parroquias
editarLugares de San Cibrao
editarLugares da parroquia de San Cibrao no concello de Viana do Bolo (Ourense) | |
---|---|