Quintela do Pando, Viana do Bolo

parroquia civil do concello de Viana do Bolo

Santa Isabel de Quintela do Pando é unha parroquia e unha aldea que pertence ao concello de Viana do Bolo. En 2011, segundo o IGE, tiña 33 habitantes (13 homes e 20 mulleres).

Quintela do Pando
ConcelloViana do Bolo[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°11′22″N 7°07′43″O / 42.1895337, -7.12873746Coordenadas: 42°11′22″N 7°07′43″O / 42.1895337, -7.12873746
Poboación33 hab. (2011)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Datos editar

Sitúase a 5 km da capital do concello. Está nun alto, sobre a zona da chaira. A economía pertence ao sector primario, con gandería ovina. A zona de Quintela é rica en castiñeiros, polo que un dos recursos do pobo son os bullotes e os choupís, un tipo de cogomelo. No ano 2005 fíxose a traída da auga e no 2006 ampliouse o teleclub.

Celébranse as festas de san Sebastián (20 de xaneiro) e santa Isabel (primeiro domingo de xullo), amais do magosto e os reis. Amais o 18 de agosto celébrase outra festa na que participan emigrantes retornados.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Quintela do Pando editar

Lugares da parroquia de Quintela do Pando no concello de Viana do Bolo (Ourense)

Quintela do Pando

Parroquias de Viana do Bolo editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Viana do Bolo

Bembibre (Santo André) | Caldesiños (Santa Cristina) | Cepedelo (Santa María) | Covelo (San Lourenzo) | Fornelos de Filloás (Santa María) | Fradelo (San Vicenzo) | Froxais (San Brais) | Grixoa (San Pedro) | Hedroso (San Román) | Louzaregos (Santa María) | Mourisca (Santa María) | Paradela (San Pedro) | Penouta (San Bartolomeu) | Pexeiros (Santa María) | Pinza (Santa María) | Pradocabalos (Santa María) | Pradorramisquedo (San Sebastián) | Punxeiro (San Marcos) | Quintela de Hedroso (San Cosmede) | Quintela de Umoso (Padre Eterno) | Quintela do Pando (Santa Isabel) | Ramilo (San Pedro) | Rubiais (San Cibrao) | San Cibrao (San Cibrao) | San Mamede (Santiago) | San Martiño (San Xoán) | Santa Mariña da Ponte (Santa Mariña) | Sever (San Lourenzo) | Solbeira (Santo Adrao) | Tabazoa de Hedroso (Santa María) | Tabazoa de Umoso (San Sebastián) | Viana do Bolo (Santa María) | Vilardemilo (Santa María Madanela) | Vilarmeao (Santo Antón) | Vilaseco da Serra (San Vicenzo)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar