Samoxicia ou Samoxitia (en samoxiciano: Žemaitėjė, en lituano Žemaitija;, en latín Capitanatus Samogitiae) é o nome dunha rexión etnohistórica correspondente á maior parte do occidente da actual Lituania, á beira do Mar Báltico, tendo por lindes: ao sur o río Neman que a separa da Borusia (actualmente Provincia de Caliningrado), ao norte o río Venta que a separa da Curlandia, mentres que os lindes orientais co resto da Lituania nunca foron totalmente definidos.

Rexións étnicas da Lituania. Samoxicia está marcada en verde.
     Lituania Menor      Samoxicia      Aukštaitija      Suvalkija      Dzūkija

Segundo os documentos oficiais do actual estado lituano a Samoxicia ten unha área de 21.000 km² e unha poboación que rolda os 300.000 habitantes. A cidade considerada capital cultural é Telšē, sendo a antiga capital do Ducado de Samoxicia (Žemaičių seniūnija en lituano) a pequena cidade chamada antigamente Medininkai e hoxe Varniai.

Na actualidade (2007) o territorio samoxicio está repartido entre varios distritos (apskritis) lituanos: unha pequena zona occidental do de Caunas/Kaunas, o de Xiauliai/Šiauliai, o de Tauragė e Telxiai/Telšiai e a parte norte dos apskritis de Claipeda/Klaipėda e Marijampolė, constituíndo unha Rexión Etnocultural Lituana.

Os samoxicianos ocupaban no século XII as terras baixas da Lituania.
Brasón de armas da Samoxicia.