Salvador José Zapata

farmacéutico galego

Salvador José Zapata, nado en Guísamo[1] (Bergondo) o 24 de decembro de 1781[2] e finado na Habana o 21 de abril de 1854,[2] foi un farmacéutico galego.[3]

Salvador José Zapata
Nacemento24 de decembro de 1781
Lugar de nacementoGuísamo
Falecemento21 de abril de 1854
Lugar de falecementoA Habana
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Habana
Ocupaciónfarmacéutico e filántropo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Emigrou a Cuba a comezos do século XIX e comezou a traballar de axudante nunha botica. Entre 1808 e 1812 estudou farmacia e acadou o título de mestre de farmacia, co que puido abrir o seu propio establecemento.[3]

Co tempo acadou unha pequena fortuna e cando finou, no seu testamento deixou tódalas súas pertenzas para facer escolas na cidade da Habana para nenos pobres sen ningunha distinción. Así comezaron as Escolas Zapata.[3]

O testamenteiro foi a Real Sociedad Económica de Amigos del País da Habana, que conseguiu que unha rúa levase o seu nome no seu recoñecemento e fixo un mausoleo no paseo central do cemiterio, obra do escultor Patricio Sirgado.[3] A primeira Escuela Zapata foi inaugurada en 1873, e en 1876 impartíronse clases a adultos.[4]

Tamén o pintor Miguel Melero fixo un retrato del en 1879 que se atopa entre os das figuras ilustres de Cuba na que fora sede da sociedade, e que despois pasou a ser o Instituto de Literatura y Lingüística.[3]

Notas editar

  1. Peña Saavedra, V. (2000): "As escolas de americanos en Galicia: Proxectos e realizacións na comarca de Ferrolterra". Cátedra: revista eumesa de estudios nº 7, ISSN 1133-9608, páx. 217-273.
  2. 2,0 2,1 Almanaque gallego, 1905 Arquivado 12 de novembro de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Entrada "Salvador José Zapata", por Xosé Neira Vilas, na Gran Enciclopedia Galega.
  4. "Instituciones docentes públicas en Cuba durante la Colonia: el caso de la SEAP", no blog Segunda Zafra, setembro de 2016 (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar