Salvador González Solla
Salvador González Solla, nado en Ponteareas o 1 de xullo de 1961, é un político galego do PPdeG.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xullo de 1961 (63 anos) Ponteareas, España |
Alcalde de Ponteareas | |
2004 – 2015 ← Francisco Candeira – Xosé Represas → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarÉ enxeñeiro agrónomo. Foi xerente da Fundación para o Desenvolvemento Comarcal da Paradanta. Foi candidato do PPdeG ao concello de Ponteareas nas municipais de 1999 e 2003. Foi deputado do PPdeG no Parlamento de Galicia (2003-2004). Logo dunha moción de censura, o 13 de maio de 2004 foi elixido alcalde de Ponteareas co apoio de UCPA. Volveu ser elixido alcalde en 2007 (goberno de coalición do PPdeG e UCPA). En setembro de 2009 tomou posesión como deputado provincial permanecendo como tal ata 2011. En 2011 volveu ser elixido alcalde como candidato da lista máis votada grazas á abstención do PSdeG-PSOE[1]. Dende 2015 traballa na Oficina de Emprego de Ponteareas como funcionario público.[2][3] Nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España presentouse ao Senado pola provincia de Pontevedra. Non repetiu candidatura nas Eleccións de novembro dese mesmo ano.
Predecesor: Francisco Candeira Mosquera |
Alcalde de Ponteareas 2004 - 2015 |
Sucesor: Xosé Represas Giráldez |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvador González Solla |