Salmodia exclusiva

A salmodia exclusiva é unha posición teolóxica adoptada por un grupo minoritario de protestantes, especialmente reformadas calvinistas, segundo a cal só se pode usar o canto congregacional dos salmos metificados e ningún outro tipo de cántico.

Salmo 1 da edición de 1562 do Salterio de Xenebra

OrixeEditar

Os himnos ademais dos salmos foron compostos polos cristiáns dende os primeiros tempos da igrexa, pero os salmos foron preferidos pola igrexa primitiva e usáronse case exclusivamente até finais do século IV.[1] Durante a Reforma Protestante, Martín Lutero e moitos outros reformadores, incluídos os asociados á tradición reformada, usaron himnos e salmos, pero Jean Calvino prefería os Salmos e foron a única música permitida para o culto en Xenebra. Iso converteuse na norma para os seguintes 200 anos de culto reformado.

Do século XX ao presenteEditar

A himnodia tornouse aceptábel de novo para os reformados a mediados do século XIX, aínda que varias denominacións, especialmente os presbiterianos reformados, continúan coa práctica da salmodia exclusiva. Ademais, as igrexas que adoptan a salmodia exclusiva tamén tenden a opoñerse ao uso de instrumentos musicais nos servizos públicos.

Entre as igrexas que practican a salmodia exclusiva están: Congregacións Reformadas Holandesas, Igrexa Reformada Puritana no Brasil e a Igrexa Escocesa, que mantén os cantos en gaelico escocés.[2]

O grupo maioritario das igrexas reformadas non practica e oponse á salmodia exclusiva, alegando que a posición restrinxe o ensino de toda a Biblia a través dos cantos, reducindo os cantos só aos Salmos, mentres que toda Biblia sería apta para cantar no culto público.

NotasEditar

  1. Old, Hughes Oliphant (2002). Worship: Reformed according to Scripture. Louisville, KY: Westminster John Knox Press. páx. 36. ISBN 978-0664225797. 
  2. "A Igrexa Puritana Reformada defende a salmodia exclusiva". Consultado o 13 de xullo de 2018. 

Véxase taménEditar