Salgueiro de follas de amendoeira

especie de planta
(Redirección desde «Salix triandra»)
Salgueiro de follas de amendoeira

Ilustración de Salix triandra, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Fanerógama / Magnoliophyta
Clase: Dicotiledónea / Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Salicaceae
Xénero: Salix
Especie: S. triandra
Nome binomial
'Salix triandra'
L., 1753
Sinonimia
  • Salix amygdalina L.
  • S. amygdalina f. ligustrina Rchb. in Willk. & Lange, Prodr. Fl. Hispan. 1: 227 (1870)
  • Salix amygdalina f. microphylla Willk. & Lange, Prodr. Fl. Hispan. 1: 227 (1870)
  • Salix amygdalina var. concolor Wimm. & Grab., Fl. Siles. 2: 362 (1829)
  • Salix amygdalina var. discolor Wimm. & Grab., Fl. Siles. 2: 362 (1829)
  • Salix triandra f. vulgaris Wimm., Salic. Eur. 14 (1866)
  • Salix triandra subesp. amygdalina (L.) Schübl. & G.Martens, Fl. Würtemberg 632 (1834)
  • Salix triandra subesp. concolor (Wimm. & Grab.) Arcang., Comp. Fl. Ital. 626 (1882)
  • Salix triandra subesp. discolor (Wimm. & Grab.) Arcang., Comp. Fl. Ital. 626 (1882)
  • Salix triandra var. amygdalina (L.) C.Vicioso in Anales Jard. Bot. Madrid 6(2): 18 (1946)
  • Salix triandra var. glaucophylla Ser., Essai Saules Suisse 78 (1815)
  • Salix triandra var. viridis Spenn., Fl. Friburg. 271 (1826)

O salgueiro de follas de amendoeira[1] Salix triandra, é unha especie botánica de salgueiro nativa da rexión eurasiática. Aparece en Galiza no treito final da bacía do río Miño.

Descrición editar

É unha arboriña de 4–6 m, chegando a 10 m. É ramificado dende a base, plenamente ascendente. Ten follas simples, alternas, de 2–9 cm x 0,5–2 cm; lanceoladas a oblongo lanceoladas, transovadas lanceoladas, serradas, verdosas intensas e lustrosas pola face, pálidas e glaucas polo envés. O froito é unha cápsula ovada cónica, pedicelada, verde e glabra (sen vilosidase). A súa floración é a finais da primavera.

Hábitat editar

Prospera entre 50 e 1.800 msnm. Non amosa preferencia por ningún solo. É de media luz. Medra mellor con humidade edáfica constante; non soportando temperaturas extremas.

Notas editar

  1. Nome vulgar galego en Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997- en portugués: salgueiro-com-folhas-de-amendoeira

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar