Saga de Pilaf

A Saga de Pilaf ou a Saga do Emperador Pilaf é a primeira saga de ficción do manga e anime Dragon Ball. Nesta saga, Son Goku e Bulma coñécense, e conseguen aliados coma Yamcha, Puar, Oolong, Chichi, Mestre Mutenroi e outros, aínda que algúns comezan coma inimigos. O vilán principal da saga é o emperador Pilaf xunto cos seus serventes, Shuu e Mai.

Algúns dos personaxes e das situacións desta primeira parte de Dragon Ball son unha reelaboración do manga Dragon Boy de Akira Toriyama. Ademais, a influencia da lenda-novela chinesa Viaxe ó oeste está moi presente nesta parte.

HistoriaEditar

Unha rapaza de 16 anos chamada Bulma atopou unha bóla do dragón no faiado da súa casa. Tras saber que reunindo tódalas bólas (sete en total) aparecería o dragón sagrado, chamado Shenron, e concedería un desexo, lanzouse na súa procura. Para isto inventou un radar que captura as pequenas vibracións que emiten as bólas, indicando así o lugar onde se atopan.

Así comeza a historia; pero cando Bulma estaba a busca-la terceira bóla atropelou a un estraño neno con rabo e con gran forza e resistencia: Son Goku. Este, crendo que lle atacaba un monstro reaccionou erguendo o coche de Bulma e lanzándoo, resistindo ademais os disparos de Bulma, que tería que lle explicar que ela non é ningún monstro, senón unha rapaza. Así coñeceríanse Bulma e Songoku.

Ademais, Son Goku posúe a bóla do dragón de catro estrelas, un agasallo do seu avó Son Gohan xa morto e que usa para falar con el. Son Goku non sabe nada da lenda do dragón polo que Bulma explícalle a historia das bólas e pídelle a súa. Son Goku negarase posto que é a única lembranza do seu avó polo que Bulma dille que o acompañe a buscalas. Deste xeito, non perdería a bóla e podería usar ó incrible Son Goku coma axuda.

Na aventura, Son Goku atopa a unha tartaruga (Umigame) que se perdera e non daba voltado ó mar. Contra a decisión de Bulma, Son Goku decide axudar á tartaruga que, unha vez no mar, como agradecemento vai buscar ó seu amo, o Mestre Mutenroi, para que lles dea un agasallo. Ó final dálle a Bulma unha bóla do dragón, a cambio de que lle ensine as bragas. Mutenroi quedará abraiado xa que na noite anterior Son Goku quitárallas mentres Bulma durmía. A Son Goku agasállalle a Nube Kinto, un medio de transporte voador no que só poden subir as persoas de bo corazón (nin Bulma nin Mutenroi).

Máis tarde, chegan a unha vila onde Oolong, un porco coa habilidade de se transformar en calquera cousa durante un tempo limitado, ameaza ós seus habitantes. Tras ser derrotado por Son Goku, únese na procura. Ademais os habitantes da vila danlles outra bóla coma agradecemento.

Os tres seguen a súa viaxe, e así chegan a un deserto, onde aparecen os bandidos Yamcha e mailo seu servente Puar, que posúe a mesma capacidade ca Oolong. Yamcha e Son Goku comezan unha pelexa e, aínda que Son Goku está famento, ninguén acaba gañando. Non obstante, Bulma, que estaba botando unha soneca, esperta e atópase con Yamcha . Isto fai que o bandido teña que fuxir xa que perde tódalas forzas cando ve a unha rapaza. Xa pola noite, Yamcha e máis Puar tentan roubárllelas bólas do dragón, para lle poder pedir ó dragón que lle quite o medo ás mulleres, pero non teñen éxito. Ó final Yamcha decide seguilos sen que se decaten.

O grupo diríxese ó monte de Gyumao seguindo co radar unha das bólas. O problema é que o monte está en chamas e non se pode pasar, polo que Gyumao enviou á súa filla Chichi a buscar ó mestre Mutenroi para que lle dera en abano máxico co que poder apaga-lo lume. Son Goku vaina buscar e unha vez que a atopa, diríxense os dous á casa de Mutenroi na nube Kinton. O problema é que Mutenroi xa non ten o abano, non obstante, decide ir apaga-lo lume persoalmente, coa condición de que poida toca-lo peito de Bulma. Ela, que non o pensa permitir, convence a Oolong para que sexa el transformado quen a substitúa. Despois disto, Mutenroi apaga o lume usando a Onda Vital (Kame Hame Ha), aínda que deixa todo destruído. Así Bulma atopa a bóla e Son Goku abraia a todos facendo unha pequena Onda Vital. Deseguido proseguen o seu camiño, seguidos sempre por Yamcha e Puar.

No camiño atópanse co Xefe Coello (Toninjinka) que converte a Bulma nunha cenoria. Son Goku coa axuda de Yamcha e Puar conseguiranlle devolve-lo aspecto a Bulma. Máis tarde son atracados e perden a mochila coas bólas, agás a de Son Goku que a levaba con el. É aquí cando Yamcha decídelles axudar e así todo o grupo diríxese ó territorio de Pilaf, onde está situado o seu palacio. Pilaf, xunto con Mai e Shuu, tamén desexa as bólas máxicas para se-lo amo do mundo.

Unha vez dentro do palacio, e tras superar unha morea de trampas, quedan atrapados nunha habitación onde son durmidos cun gas e onde lle quitan a última bóla. Tentan saír cunha Onda Vital de Son Goku pero só conseguen facer un pequeno burato polo que escapan Oolong e Puar. Entrementres Pilaf convoca ó dragón para lle pedi-lo seu desexo aínda que grazas á intervención de Oolong, o único desexo que se concederá serán unhas bragas. Shenron desaparece coas bólas e Pilaf atrápaos de novo nunha sala onde, unha vez que saia o sol pola mañá, morrerán de calor. Porén, Son Goku ó mira-la lúa chea transfórmase nun gorila xigante (Oozaru) destruíndoo todo e podendo escapar. Yamcha conseguiralle suxeita-lo rabo a Son Goku para que así llo corte Puar.

Bulma e Yamcha parecen namorados, e deciden ir á cidade xunto con Oolong e Puar, mentres que Songoku decide irse adestrar co Mestre Mutenroi.

Capítulos no mangaEditar

  • Tomo 1: Son Goku e os seus amigos - capítulos do 1 ó 11
    • 01 - Bulma e Son Goku
    • 02 - As bólas non están
    • 03 - Son Goku vai camiño do mar
    • 04 - A nube Kinton do Xenio da Tartaruga
    • 05 - ¡Aparece Oolong!
    • 06 - Oolong contra Son Goku
    • 07 - Yamcha e Puar
    • 08 - O temible Yamcha
    • 09 - ¡As bólas do dragón en perigo!
    • 10 - ¡Plan para un gran roubo!
    • 11 - O rei Gyumao do Monte Tixola
  • Tomo 2: A fin da procura - capítulos do 12 ó 23
    • 12 - Na procura do Xenio da Tartaruga
    • 13 - O abano máxico de Mutenroi
    • 14 - A KameHameHa de Mutenroi
    • 15 - Aparece a Chishinchu
    • 16 - As orellas de coello
    • 17 - A técnica mestra do xefe
    • 18 - ¡Rouban as bólas do dragón!
    • 19 - ¡Por fin aparece Shenron!
    • 20 - ¡O desexo para Shenron!
    • 21 - Lúa chea
    • 22 - A gran transformación de Son Goku
    • 23 - A disolución do Dragon Team

Episodios no animeEditar

  • 01 - Bulma e Son Goku
  • 02 - A primeira etapa da viaxe
  • 03 - O Xenio da Tartaruga
  • 04 - Olong, o monstro
  • 05 - Yamcha, o bandido do deserto
  • 06 - As bólas máxicas en perigo
  • 07 - O monte Tixola
  • 08 - A onda vital de Mutenroi
  • 09 - O Monstro da Cenoria
  • 10 - O roubo das bólas máxicas
  • 11 - So é dragón de nome
  • 12 - Por fin aparece o dragón
  • 13 - A transformación de Son Goku