Abrir o menú principal

Saccharine Trust é unha banda estadounidense de post-hardcore procedente dos Ánxeles e fundada en 1980 polo vocalista Jack Brewer e o guitarrista Joe Baiza.

Saccharine Trust
OrixeOs Ánxeles (California), Flag of the United States.svg
Período1980 – 1986
1996 - presente
Xénero(s)punk rock, post-hardcore
Selo(s) discográfico(s)SST Records, Hazelwood
MembrosJoe Baiza
Jack Brewer
Brian Christopherson
Chris Stein
Antigos membrosTony Cicero
Richie Hass
Mark Hodson
Rob Holzman
Bob Fitzer
Earl Liberty
Steve Moss
Luis MadMax Maldonado
Ritchie Wilder

O grupo tocou frecuentemente cos seus compañeiros en SST Records Minutemen e Black Flag. Porén, Baiza describiu a Saccharine Trust como a "ovella negra" do grupo de SST. O batería Rob Holzman apareceu no seu álbum de estrea de 1981 Paganicons pero deixou a banda para tocar en Slovenly, sendo substituído por Tony Cicero.

O seu primeiro material era semi-improvisado e normalmente ruidoso (por exemplo, o álbum Worldbroken foi totalmente improvisado ao vivo, tanto a música como as letras), pero posteriormente centrouse máis e deixouse influenciar polo jazz.

Despois de dez anos de parón, de 1986 a 1996, o grupo reformouse e comezou a actuar pola costa oeste estadounidense.

DiscografíaEditar