Abrir o menú principal

Sacagawea

exploradora nativa americana

Sacagawea, tamén chamada Sakakawea ou Sacajawea, nada en maio de 1788 e finada o 20 de decembro de 1812, foi unha muller shoshone coñecida por axudar na expedición de Lewis e Clark e conseguir os seus obxectivos na exploración do Territorio de Luisiana.

Sacagawea
Detail Lewis & Clark at Three Forks.jpg
Sacagawea (dereita) con Lewis e Clark en Three Forks, nun mural da Cámara de Representantes de Montana.
Nacementoanos 1780
 Montañas Rochosas
Falecemento12 de decembro de 1812
 Fort Lisa
Causadoenza
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaPobo shoshone
Ocupaciónexploradora
CónxuxeToussaint Charbonneau
FillosJean Baptiste Charbonneau
PremiosNational Women’s Hall of Fame e National Cowgirl Museum and Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Sacagawea viaxou coa expedición percorrendo centos de quilómetros dende Dacota do Norte até o Océano Pacífico. Axudou a estabelecer contactos culturais coas poboacións de nativos americanos ademais das súas achegas na historia natural.

Índice

TraxectoriaEditar

As fontes de información históricas sobre Sacagawea son moi limitadas. Naceu no seu da tribo agaidika (comedores de salmón) ou lemhi shoshone entre Kenney Creek e Agency Creek, preto de Salmon, Idaho. En 1800, cando tiña arredor de 12 anos, ela e outras rapazas foron capturadas por un grupo de hidatsa nunha batalla que tivo como resultado a morte de varios shoshone: catro homes, catro mulleres e varios rapaces. Estivo presa nunha vila hidatsa preto de Washburn, Dacota do Norte.[1]

Cando tiña aproximadamente 13 anos, Sacagawea foi vendida como esposa a Toussaint Charbonneau, un cazador quebequés que vivía na vila. Tamén mercou outra moza shoshone, coñecida como Otter Woman, para que fose a súa "esposa". Crese que Charbonneau mercou as dúas rapazas ós hidatsa para que fosen as súas "esposas" ou ben que gañou a Sacagawea xogando.[1]

A expedición de Lewis e ClarkEditar

 
Unha pintura da expedición de Lewis e Clark titulada Lewis and Clark on the Lower Columbia de Charles Marion Russell que representa a Sacagawea cos brazos estendidos.

Sacagawea estaba embarazada do seu primeiro fillo cando os Corps of Discovery chegaron preto da vila hidatsa para pasar o inverno de 1804–05. Os capitáns Meriwether Lewis e William Clark construíron o Forte Mandan. Entrevistáronse con varios cazadores que puidesen servir de guías e intérpretes na expedición subindo polo río Missouri na primavera. Contrataron a Charbonneau como intérprete cando descubriron que a súa esposa falaba shoshone, e coidaban que precisarían da axuda das tribos shoshone no nacemento do Missouri.

Charbonneau e Sacagawea mudáronse ó forte da expedición a semana seguinte. Clark alcumouna "Janey". Lewis rexistrou o nacemento de Jean Baptiste Charbonneau o 11 de febreiro de 1805, sinalando que outro dos intérpretes da expedición lle subministrou os axóuxeres esmagados de Crotalus para acelerar o parto. Clark e outros europeos alcumaron o neno "Little Pomp" ou "Pompy."

En abril, a expedición deixou o Forte Mandan e seguiron polo río Missouri en piraguas. Tiveron que loitar contra a corrente e foron sacados ás beiras do río varias veces. O 14 de maio de 1805, Sacagawea rescatou varios dos artigos que caeron do bote, incluíndo os artigos e os rexistros de Lewis e Clark. Os comandantes da expedición louvaron a súa rápida acción e chamaron ó río Sacagawea na súa honra o 20 de maio de 1805. En agosto de 1805, localizaron unha tribo shoshone e tentaron comerciar por cabalos para cruzar as Montañas Rochosas. Empregaron a Sacagawea para facer de intérprete e descubriron que o xefe da tribo, Cameahwait, era o seu irmán.

Os shoshone acordaron intercambiar cabalos co grupo e proporcionáronlles guías para atravesar as frías e estériles Montañas Rochosas. A viaxe foi tan dura que se viron obrigados a comer o sebo das candeas para sobrevivir. Cando descenderon a rexións máis tépedas no outro lado, Sacagawea axudou a recoller e cociñar raíces de camassia para axudarlles a recuperar a forza.

Conforma que a expedición se achegada á boca do río Columbia na costa do Océano Pacífico, Sacagawea renunciou ó seu cinto de contas para permitir ós capitáns intercambialo por un traxe de peles que desexaban darlle ó presidente Thomas Jefferson. Cando a compañía chegou ó Océano Pacífico, tódolos membros da expedición, incluíndo a Sacagawea e o servo negro de Clark, York, votaron o 24 de novembro sobre a localización do forte para o inverno. En xaneiro, cando un cadáver de balea chegou á praia ó sur do Forte Clatsop, Sacagawea insistiu no seu dereito de ver ese "peixe monstroso".

Na viaxe de volta, chegaron ás Montañas Rochosas en xullo de 1806. O 6 de xullo, Clark rexistrou que "A muller india informoume que ela estivera nesa chaira con frecuencia e que a coñecía moi ben... Ela dixo que descubriríamos unha fenda nas montañas na nosa dirección..." (que é hoxe o paso de Gibbons). Unha semana despois, o 13 de xullo, Sacagawea aconsellou a Clark a cruzar o río Yellowstone no que hoxe se coñece como o paso de Bozeman. Posteriormente, este camiño foi escollido como a ruta óptima para o Ferrocarril do Pacífico Norte para cruzar a divisoria continental.

Malia que Sacagawea é representada como a guía da expedición,[2] só se rexistrou a súa intervención en poucos casos. O seu traballo como intérprete certamente axudou á expedición a negociar cos shoshone; porén, a súa achega máis valiosa á misión puido ser a súa presenza durante a dura viaxe, o cal demostrou as intencións pacíficas da mesma. Mentres atravesaban o que hoxe é o condado de Franklin, no estado de Washington, Clark sinalou, "A muller india confirmou a esas persoas as nosas intencións amistosas, xa que ningunha muller acompaña nunca a un grupo de guerra de indios nesta área," e, "a esposa de Shabono, a nosa intérprete, reconciliounos con tódolos indios; en canto ás nosas intencións amistosas, unha muller cun grupo de homes é unha mostra de paz."[3]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Public Broadcasting Service (ed.). "Sacagawea". Consultado o 12 de setembro de 2017. 
  2. Hebard, Grace Raymond (1933). Sacajawea: Guide and Interpreter of Lewis and Clark (2012 ed.). Courier Corporation. ISBN 9780486146362. 
  3. Lewis, Meriwether; Clark, William (1805). University of Nebraska–Lincoln, ed. "October 13, 1805". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2009. Consultado o 31 de agosto de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar