Saab 340

(Redirección desde «Saab 340B»)

O Saab 340 é un avión bimotor turbohélice deseñado e producido nun principio por un consorcio entre Saab e Fairchild. Segundo o plan inicial Saab construiría a fuselaxe e a cola e realizaría a montaxe final en Linköping (Suecia), mentres Fairchild sería responsable das ás e das carlingas dos motores. Tras o cesamento da produción por parte de Fairchild, as ás foron montadas en Suecia.

Saab 340
Saab 340 de NextJet
Tipopasaxeiros
FabricanteSaab
Primeiro voo25 de xaneiro de 1983
Introducido1984
Estadoen servizo
Principais usuariosRegional Express Airlines
Silver Airways
Loganair
Produción1983 - 1999
Unidades construídas459
VariantesSaab 340 AEW&C

Orixinalmente designado como SF340, o primeiro voo do avión foi o 25 de xaneiro de 1983. Despois de que Fairchild saíse do proxecto en 1984, a designación foi cambiada a 340A. Unha versión mellorada do 340A, o 340B, introduciu motores máis potentes e un temón de cola maior en 1989. A versión final, o 340B Plus, incorporou melloras que tamén foron intrucididas ao mesmo tempo no Saab 2000, e entraron en servizo en 1994.

Unha das melloras introducidas no 340B Plus fai a instalación dun sistema de control activo de ruídos na cabina, para reducir os niveis de ruídos para os pasaxeiros. O primeiro 340B plus foi entregado a Hazelton Airlines en Australia en 1995. Outro cambio con respecto aos modelos anteriores foi o traslado do baño do final da cabina de pasaxe ao espazo entre esta e a zona de mando. Isto incrementou a capacidade total de carga, xa que na súa posición orixinal invadía parte da zona para a mesma.

Debido ao descenso das vendas, a produción do Saab 340 rematou no ano 1998.[1]

  1. "Saab 340". Airliners.net. Consultado o 2022-04-11.