Nextjet
(Redirección desde «NextJet»)
NextJet foi unha aeroliña rexional sueca baseada en Frösundavik, no municipio de Solna, ao norte de Estocolmo. A compañía voaba a 20 destinos de Suecia, Noruega e Finlandia, a meirande parte deles dende o aeroporto de Estocolmo-Arlanda,[2] onde ten o seu principal centro de conexións. Un dos investidores da aeroliña era o membro de ABBA Björn Ulvaeus. A compañía declarouse en bancarrota o día 16 de maio de 2018.[1]
NextJet | ||
---|---|---|
IATA 2N | OACI NTJ | Indicativo NEXTJET |
Fundación | 2002 | |
Fin das operacións | 16 de maio de 2018[1] | |
Frota | 14 | |
Destinos | 20 | |
Páxina web: http://nextjet.se |
Frota
editarNo momento do cesamento de actividades en maio de 2018 a frota de NextJet estaba formada polos seguintes avións:[3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|
ATR 42-300 | 1 | — | 46 | Operado por DOT LT |
BAe ATP | 3 | — | 68 | |
Bombardier CRJ200 | 2 | — | 50 | Operados por Voyageur Airways |
Saab 340A | 3 | — | 33-36 | SE-LEP coa librea 'Swedish Skiteam' |
Saab 340B | 6 | — | 33-36 | |
Total | 15 | — |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Sveriges Radio (ed.). "Flygbolaget Nextjet ansöker om konkurs". Consultado o 23 de maio de 2018.
- ↑ Nextjet (ed.). "Destinations". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de febreiro de 2017.
- ↑ Nextjet (ed.). "Our aircraft". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de febreiro de 2017.