Saab 340 AEW&C
Saab 340 AEW&C é un avión sueco de alerta temperá e control aerotransportado (AEW&C). Trátase dunha versión do avión de pasaxeiros Saab 340 e é designado S 100B Argus pola Forza Aérea de Suecia.
Saab 340 AEW&C | |
---|---|
Tipo | AEWCS |
Fabricante | Saab |
Primeiro voo | 1994 |
Introducido | 1997 |
Estado | en servizo |
Principais usuarios | Forza Aérea de Suecia Real Forza Aérea de Tailandia |
Produción | 1994 - 1999 |
Unidades construídas | 12 |
Historial operacional
editarA Administración de Material da Defensa (FMV) pediu seis exemplares do Saab 340 AEW&C. Os primeiros exemplares do S100B Argus, que usaba o sistema FSR890, entregáronse á Forza Aérea de Suecia no ano 1997.[1] Suecia vendeu catro dos seus avións e os dous restantes substituíron o sistema FSR890 polo ASC890 no ano 2010, pasando a designarse S100C.[1] Os dous avións operados pola forza aérea sueca están baseados na base aérea de Malmen, en Linköping, e operan para a 72 División Especial.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "TP 100 – Historik och FV". Svensk Militär Flygplanshistorik (en sueco). 2021-07-15. Consultado o 2022-04-10.
- ↑ Försvarsmakten. "S 100 D". Försvarsmakten (en sueco). Consultado o 2022-04-10.