STS-81

misión do transbordador espacial Atlantis

STS-81 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 11 de xaneiro de 1997 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-81
Lanzamento da misión STS-81.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento12 de xaneiro de 1997, 9:27 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión10,20 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Mir.[3][6]
Regreso22 de xaneiro de 1997[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1997-001A

Características editar

STS-81, con sete astronautas (Michael A. Baker, Brent W. Jett, John M. Grunsfeld, Marsha Ivins, Peter J.K. Wisoff e Jerry M. Linenger) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, intercambiar a algúns membros da tripulación, levar subministracións e facer experimentos.[3][5][6][7]

O transbordador levaba un módulo Spacehab a bordo con subministracións e experimentos, transferindo 2722 kg de carga á estación. A tripulación tamén probou o sistema de illamento de vibracións da cinta de correr para o seu uso na futura Estación Espacial Internacional.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 22 de xaneiro de 1997, deixando na estación a Linenger e traendo de volta a e John E. Blaha.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 81" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 30 June 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-25680T). 31 de xullo de 1997: 2. Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 81" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-81" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-81" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-81" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar