John E. Blaha
astronauta estadounidense
John Elmer Blaha, nado en San Antonio, Texas, o 26 de agosto de 1942, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-29, STS-33, STS-43, STS-58, STS-79 e STS-81.[1][2]
Traxectoria
editarBlaha graduouse en enxeñaría pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1965 e é máster en enxeñaría astronáutica pola Universidade Purdue en 1966.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1980, participando nas misións STS-29, STS-33, STS-43, STS-58, STS-79 e STS-81 e pasando un total de 161,11 días no espazo. Retirouse da NASA en setembro de 1997.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Blaha, John Elmer" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (maio de 2008). "JOHN E. BLAHA (COLONEL, USAF, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John E. Blaha |