STS-68

misión do transbordador espacial Endeavour

STS-68 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 30 de setembro de 1994 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-68
Lanzamento da misión STS-68.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento30 de setembro de 1994, 11:16 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión11,24 días[6]
Obxectivo da misiónCartografía mediante radar.[3][6]
Regreso11 de outubro de 1994[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1994-062A

Características editar

STS-68, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer observacións mediante radar da superficie terrestre co laboratorio SRL-2 a bordo. Tamén fixo medicións dos niveis de dióxido de carbono na troposfera e se realizaron outros experimentos a bordo. A tripulación estaba formada polo comandante Michael A. Baker, o piloto Terrence W. Wilcutt, o comandante de carga Thomas D. Jones e os especialistas de misión Steven L. Smith, Daniel W. Bursch e Peter J. K. Wisoff.[3][5][6][7]

O SRL-2 estaba deseñado para obter datos xeolóxicos, hidrolóxicos e agronómicos e serviu para gañar experiencia de cara futuros radares espaciais. Tamén recolleu datos sobre a distribución global de dióxido de carbono na troposfera. Entre os instrumentos de SRL-2 estaban SIR-C (un radar en banda C e banda L), X-SAR (un radar en banda X), MAPS para o estudo da contaminación atmosférica e un procesador espectral de ondas oceánicas para recoller datos sobre a lonxitude de onda das ondas superficiais dos océanos, dirección e altura.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 11 de outubro de 1994.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 68" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 29 November 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-28819T). 15 de decembro de 1994: 8. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 68/SRL 2" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-68 - SRL-2" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-68" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-68" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar