STS-47
STS-47 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 12 de setembro de 1992 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-47 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-47. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 12 de setembro de 1992, 14:23 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 7,94 días[6] |
Obxectivo da misión | Experimentos no módulo Spacelab J.[3][6] |
Regreso | 20 de setembro de 1992[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1992-061A |
Características
editarSTS-47, con seis astronautas a bordo (Robert L. Gibson, comandante, Curtis L. Brown, piloto, Mark C. Lee, Jan Davis, Mae Jemison, Mamoru Mohri), foi lanzada para facer experimentos no módulo Spacelab J, en parte patrocinado pola axencia espacial xaponesa NASDA. Foi a primeira misión STS na que voou un cidadán xaponés (Mohri), a primeira muller afroamericana (C. Mohri Jemison) e a primeira parella casada (Lee e Davis).[3][5][6][7]
Spacelab J incluía 24 experimentos de ciencia de materiais e 20 de ciencias biolóxicas. Na baía de carga ademais viaxaban 12 módulos GAS (Get Away Special), 10 deles con experimentos e 2 con lastre. No interior do transbordador viaxaba o experimento ISAIAH (Israeli Space Agency Investigation About Hornets), da Axencia Espacial Israelí e os experimentos SSCE, SAREX II, AMOS e UVPI. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 20 de setembro de 1992.[3][5][6][7]
Notas
editar- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 47" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 1 February 1993 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-09251(E)). 18 de febreiro de 1993: 9. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 47" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-47 - Spacelab-J" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-47" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 NASA (2 de abril de 2010). "STS-47" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 26 de novembro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-47 |