STS-121

misión do transbordador espacial Discovery

STS-121 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 4 de xullo de 2006 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-121
Lanzamento da misión STS-121
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento4 de xullo de 2006, 18:38GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión12,78 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso17 de xullo de 2006[6]
NSSDC ID2006-028A

Características

editar

STS-121, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Steven Lindsey, o piloto Mark Kelly e os especialistas de misión Stephanie Wilson, Lisa Nowak, Piers Sellers e Mike Fossum.[3][5][6][7]

O Discovery levou o módulo loxístico Leonardo repleto de material e subministracións ata a estación e a tripulación fixo varios paseos espaciais en preparación para posteriores misións. O transbordador acoplouse co porto PMA-2 da estación ás 14:52 GMT do 6 de xullo. Ao día seguinte acoplou o módulo Leonardo coa estación para descargarlo. Fixéronse varios paseos espaciais para probar novo equipamente e técnicas de reparación, así como instalacións preliminares no exterior da estación. O Discovery desacoplouse da estación ás 12:07 GMT do 17 de xullo, volvendo a terra en Cabo Cañaveral ese mesmo día.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 121" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 12 January 2007 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-85032(E)). 27 de xuño de 2007: 2. Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 121" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-121 / ULF-1.1" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-121" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (2 de abril de 2008). "STS-121" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar