SRET (acrónimo de Satellite des Recherches et d'Etudes Technologiques), tamén coñecidos como MAS polo seu acrónimo en ruso (Maliy Avtonomiy Sputnik), foi unha serie de dous satélites de estudos tecnolóxicos franceses en colaboración coa Unión Soviética.[1]

SRET 1

editar

SRET 1 foi lanzado a bordo dun foguete Molniya M xunto co satélite de comunicacións Molniya-1 20 o 4 de abril de 1972. A súa misión foi probar no espazo células solares de película de sulfuro de cadmio e teluro de cadmio así como un novo tipo de batería lixeira. O satélite tiña forma de poliedro de oito caras, cun diámetro de 55,9 cm e un peso duns 15,9 kg. Catro das caras estaban recubertas de células solares normais mentres que outras catro usaban as células experimentais. A órbita do satélite era altamente elíptica, cun perixeo de 545 km e un apoxeo de 46.250 km, pasando polos cintos de radiación de Van Allen catro veces ao día e proporcionando información sobre os efectos da radiación nas células solares. SRET 1 foi o primeiro satélite francés lanzado en cooperación coa Unión Soviética.[2]

SRET 2

editar

SRET 2 foi lanzado tamén a bordo dun foguete Molniya M, xunto co satélite de comunicacións Molniya-1K 30 o 5 de xuño de 1975. Tiña unha masa de 29,6 kg e probou un sistema crioxénico pasivo para os satélites Meteosat, así como varios métodos de enfriamento, células solares, os efectos da radiación en diferentes sistemas e o avellentamento do illamento térmico e películas de plástico. SRET 2 terminou reentrando na atmosfera o 10 de xullo de 1988.[3]

Historial de lanzamentos

editar
Misión[1][2][3] Data de lanzamento[1][2][3] Foguete lanzador[1][2][3] Notas[1][2][3]
SRET 1 4 de abril de 1972 Molniya M Éxito
SRET 2 5 de xuño de 1975 Molniya M Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2021). "SRET" (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SRET 1 (MAS 1)" (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SRET 2 (MAS 2)" (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar