Sociedad Deportiva Ciudad de Santiago

club de fútbol galego desaparecido
(Redirección desde «SD Ciudad de Santiago»)

A Sociedad Deportiva Ciudad de Santiago foi un club de fútbol galego, de Santiago de Compostela, que xogaba os seus partidos no estadio de San Lázaro. Foi fundado en 1978 como Club Atlético Fátima.

Cidade de Santiago
NomeSociedad Deportiva Ciudad de
Santiago, S.A.D.
Fundación1978 (como Club Atlético Fátima)
EstadioSan Lázaro
Santiago de Compostela,
A Coruña, Galiza
Inauguración1993
Capacidade14.000
Presidente José Suárez Alén
Adestrador Luis Míguez
LigaSegunda B
2008-0913º (2ª B)
Na rede
http://www.ciudaddesantiago.com
Titular
Alternativo
Partido entre o Cidade de Santiago e o Montañeros CF.

Xogou en Segunda División B durante a tempada 2008-09, pero descendeu a Terceira por falta de pagamentos. Finalmente, o equipo desapareceu en 2010.

Historia

editar

O antecesor do club SD Ciudad de Santiago foi o Club Atlético Fátima, fundado o 14 de xuño de 1978 por un grupo de amigos da parroquia compostelá do Castiñeiriño para difundir a práctica do deporte. Afiliouse na Federación Galega de Fútbol o 22 de xuño de 1978 co número 1193, e inscribiuse no rexistro nacional de clubs co número 12.643. O club competiu varios anos en categorías locais, até que no ano 2004 comeza a militar na rexional preferente galega, xa no histórico campo de San Lázaro, en detrimento do campo de Santa Isabel.

A partir de setembro do ano 2005 o equipo transformouse en Sociedade Anónima Deportiva coa denominación de Sociedad Deportiva Ciudad de Santiago, nun intento de medrar deportiva e socialmente. Nese mesmo ano tamén se creou o primeiro equipo feminino do club.

Na tempada 2006/2007 acadou outro ascenso histórico á Terceira División, despois de vencer na promoción ó Verín CF; e na tempada seguinte ascende á Segunda División B, categoría na que militou un ano.

En agosto de 2009 o club sufriu un descenso administrativo, logo de non facer efectivos os dereitos para xogar en Segunda B. A súa última tempada pasouna en Terceira dentro do Grupo I, pero a falta de pagamentos aos xogadores sucedéronse e o equipo non se presentou a varios partidos da competición. Isto provocou que a RFEF eliminase ao equipo do campionato mediante un descenso a Preferente, o que provocou a súa desaparición definitiva.[1]

Uniforme

editar
  • Uniforme titular: Camiseta branca con raias verdes, pantalón e medias verdes.
  • Uniforme alternativo: Camiseta granate con detalles brancos, pantalón e medias granates.

Datos do club

editar
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 1
  • Tempadas en : 2
  • Tempadas en categorías rexionais: 29
  • Mellor posto na Liga: 13º (2ªB tempada 2008-09)

Historial na liga

editar
Tempada Categoría Posto
desde 78-79 Rexional
ata 05-06 Rexional
2006/07 Preferente  
2007/08  
2008/09 2ªB 13º  
2009/10  

Palmarés

editar