O acrónimo S/PDIF ou S/P-DIF (Formato de Interface Dixital Sony/Philips, Sony/Philips Digital Interface Format), coñecido tamén tecnicamente polo seu código segundo a Comisión Electrotécnica Internacional, IEC 958 type II, parte da IEC-60958, consiste nun protocolo a nivel de hardware para a transmisión de sinais dixitais modulados en PCM entre dispositivos e compoñentes estereofónicos.

S/PDIF é unha versión do protocolo estándar AES/EBU adaptada para aplicacións comerciais, presentando pequenas diferenzas que o fan máis económico de o construír.

Principais diferenzas entre AES/EBU e S/PDIF
AES/EBU SPDIF
Cablaxe Par trenzado (110 ohmios) ou coaxial (75 ohmios) Coaxial (75 ohmios) ou fibra óptica
Conector XLR de 3 pins ou D-Sub de 25 pins RCA, BNC ou Toslink
Nivel de sinal 3 a 10 V 0,5 a 1 V
Codificación BMC BMC
Información de subcódigo Texto de identificación ASCII Información de protección de copia SCMS
Resolución máxima 24 bits 20 bits (24 bits opcionais)