Conector RCA

conector eléctrico audiovisual

O RCA é un tipo de conector eléctrico común no mercado audiovisual. O nome "RCA" deriva de Radio Corporation of America, que deseñou o conector nos anos 1940.

Conectores RCA de son.

O conector macho ten un polo no centro (+) rodeado por un pequeno anel metálico (-) (ás veces con marcas). O RCA femia hai como polo central un burato cuberto por outro anel metálico, este máis pequeno que o do macho para que se xunten sen problemas. Ambos conectores (macho e femia) teñen unha parte intermedia de plástico, que funciona de illante eléctrico.

O seu nome técnico é CINCH.

Cores dos conectores editar

Nota: a cor negra pode substituír a branca ou a púrpura.

Son analóxico Esquerda/Mono Branco   
Dereito Vermello   
Centro Verde   
Envolvente esquerda Azul   
Envolvente dereita Gris   
Envolvente traseira esquerda Castaño, café ou marrón   
Envolvente traseira dereita Castaño claro   
Subwoofer Púrpura   
Son dixital S/PDIF Laranxa   
Vídeo analóxico Composto Amarelo   
Vídeo por compoñente (YPbPr) Y Verde   
Pb Azul   
Pr Vermello   
Vídeo por compoñente (RGB) R Vermello   
G Verde   
B Azul   

Véxase tamén editar

Outros artigos editar