Súdwest-Fryslân
Súdwest Fryslân é un concello neerlandés da provincia de Frisia formado o 1 de xaneiro de 2011 ao se fusionaren os concellos de Boalsert, Nijefurd, Snits, Wûnseradiel e Wymbritseradiel. O novo concello ten 82.000 habitantes e conta con 69 entidades de poboación. A decisión de formar un só concello tomouse a finais de 2009 cando se xuntaron nun concello especial os concelleiros de todos os cinco municipios que adoptaron a decisión por ampla maioría.
Súdwest Fryslân | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Situación xeográfica | |||||
![]() | |||||
País: | ![]() | ||||
Provincia: | ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Supericie • Terra • Auga |
813,05 km² 432,60 km² 374,05 km² | ||||
Poboación | |||||
Poboación: | 81.952 (2008) | ||||
Densidade: | 189,4 hab/km2 | ||||
Información | |||||
Código postal: | 8529
8550 t/m 8554 8584 8600 t/m 8608 8611 t/m 8618 8620 t/m 8629 8631 t/m 8633 8650 t/m 8658 8700 t/m 8702 8710 t/m 8715 8720 t/m 8724 8741 t/m 8749 8751 t/m 8759 8761 t/m 8766 8770 t/m 8775 8821 t/m 8823 | ||||
Alcalde: | Haijo Apotheker (Demócratas 66) | ||||
Sitio na web: | sudwestfryslan.nl |
PolíticaEditar
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Como en todos os concellos dos Países Baixos o goberno municipal deténtao o College van burgemeester en wethouders que está formado por concelleiros (wethouders) elixidos pola corporación municipal, o secretario do concello (gemeentesecretaris) elixido polo goberno municipal e o alcalde (burgemeester) nomeado polo goberno central e que preside o goberno municipal pero non dita a política municipal. Desde o 1 de xaneiro de 2010 o primeiro alcalde do concello é o exministro de agricultura Haijo Apotheker do partido Demócratas 66. A corporación municipal está composta por 37 concelleiros, celebrándose as eleccións en novembro de 2010 e deron a seguinte repartición de concelleiros[1]: Chamada Demócrata Cristiá 10, Partido do Traballo 7, Partido Nacional Frisón 6, Partido Popular pola Liberdade e a Democracia 5, EsquerdaVerde 2, Unión Cristiá 2, GemeenteBelangen Súdwest Fryslân 2, Demócratas 66 1, Totaal Lokaal 1 e Verenigd Links - Feriene Lofts 1.
- Wethouders:
- A. Offinga (CDA)
- G. Akkerman-Wielinga (CDA)
- W. Sinnema (PVDA)
- A. Ekhart (PVDA)
- L.P. Stoel (VVD)
Lista das entidades de poboaciónEditar
NotasEditar
- ↑ "verkiezingen.fusiesudwestfryslan.nl". Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2010. Consultado o 01 de xaneiro de 2011.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Web oficial Arquivado 25 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (en neerlandés)