Södertälje

Coordenadas: 59°11′45″N 17°37′41″L / 59.19583, -17.62806

Södertälje é unha cidade de Suecia situada no condado de Estocolmo.

Södertälje
Södertälje vapen.svg
Saltsjöbron,utsikt, Södertälje.jpg
Localización
Södertälje en Suecia
Södertälje
Södertälje
PaísFlag of Sweden.svg Suecia
ProvinciaSödermanland
CondadoEstocolmo
Xeografía
Altitude23 m msnm
Superficie25.29 km² km²
Demografía
Poboación64 619 (2010)
Densidade170 h/km²
Outros datos
Código postal151 XX
http://www.sodertalje.se/

HistoriaEditar

O nome Telje aparece mencionado durante o século XI. Para resolver o conflito provocado con outra poboación que foi fundada ao norte de Estocolmo durante o século XVII, engadíuselle Söder (sur), xurdindo deste modo Södertälje; á outra poboación recibiu o Norr (norte), xurdindo así Norrtälje.

Durante o século XVIII Södertälje recibiu unha foro. Debido á Gran Guerra do Norte e a unha serie de pragas, a poboación viuse reducida ás 200 persoas.

DemografíaEditar

A poboación en 2010 era de 64.619 habitantes. Sendo a décimo sexta poboación por número de habitantes en Suecia.[1]

Logo da Guerra de Iraq moitos iraquís refuxiáronse en Södertälje, na súa maioría cristiáns, recibindo máis inmigrantes iraquís ca os Estados Unidos e o Canadá xuntos [1]

XeografíaEditar

Situase entre Estocolmo, Strängnäs e Nyköping. É o punto de conexión entre lago Mälaren co Mar Báltico a través da canle de Södertälje

Comunicacións e conexiónsEditar

Södertälje é un importante nó ferroviario e de autoestradas, ademais do peirao da Canle de Södertälje.

  • Autoestrada E4
  • A Autoestrada E20
  • Liña de Svealand
  • Liña do Oeste
  • Liña Nyköping
  • Canle de Södertälje

EconomíaEditar

Södertälje é o lugar no que se fabrican os autobuses e camións da marca Scania AB. Tamén é a sede da farmacéutica AstraZeneca[2]. O grupo Volkswagen ten a súa central en Suecia tamén nesta localidade.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de maio de 2011. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  2. AstraZeneca[Ligazón morta]

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar