Só sei que nada sei
A frase só sei que nada sei ou sei unha cousa: que eu nada sei (orixinalmente do latín: "ipse se nihil scire id unum sciat", unha posíbel paráfrase dun texto grego antigo; tamén citado como "scio me nihil scire" ou "scio me nescire"; posteriormente retrotraduzido para o grego catarévussa como "[ἓν οἶδα ὅτι] οὐδὲν οἶδα", [hèn oîda hóti] oudèn oîda), por veces chamado de paradoxo socrático, é un dito moi coñecido derivado da narrativa de Platón sobre o filósofo Sócrates.
O dito tamén está relacionado cunha resposta oracular da pitonisa de Delfos, Pitia, que á pregunta «Quen é o home máis sabio da Grecia?» respondeu: «Sócrates».
En Platón
editarA frase, esta, frecuentemente atribuída ao Sócrates de Platón, os tempos antigos e modernos, non ocorre tal como ela é en ningunha das obras de Platón. Dous prominentes académicos estudosos de Platón argumentaron recentemente que a frase non debe ser atribuída ao Sócrates de Platón.[1]
No entanto, Platón relata, na súa Apoloxía de Sócrates, que:
A imprecisión da paráfrase como só sei que nada sei deriva do feito do autor non estar a dicir que el nada sabe, mais si que non pode saber nada con absoluta certeza, mais pode se sentir confiante acerca de certas cousas.
Notas
editar- ↑ Fine, Gail (2008). "Does Socrates Claim to Know that He Knows Nothing?" [Sócrates di non saber nada?]. Oxford Studies in Ancient Philosophy (en inglés) 35. pp. 49–88..
Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |