Rupat é unha illa no estreito de Malaca que forma parte da Rexencia de Bengkal na provincia de Riau en Indonesia. Atópase xusto á beira da costa oriental de Sumatra, ao longo da cidade de Dumai, da cal está separada polo Estreito de Rupat (Selat Rupat). A súa superficie é de 1.490 km². Cunha poboación de 43.570 no Censo de 2010, a illa está escasamente poboada, cunha densidade de poboación de 29¼ habitantes por km². Rupat era unha das miles de illas abandonadas, pero a poboación está crecendo ano tras ano, o que failles expandir a superficie para o asentamento.

Rupat
Pulau Rupat
Illa rupat en Indonesia
Illa rupat
Illa rupat
Situación
PaísFlag of Indonesia.svg Indonesia
ArquipélagoIllas Riau, Illas maiores da Sonda
Coordenadas1°53′00″N 101°35′00″L / 1.88333, -101.58333Coordenadas: 1°53′00″N 101°35′00″L / 1.88333, -101.58333
Xeografía
Superficie1.490´2 km²
Longura máxima50 km.
Largura máxima50 km.
Perímetro154 km-
Demografía
CapitalBatu Panjang / Tanjung Medang
Poboación43.570 (2010)
Densidade29 hab./km²

Hai unha proposta do goberno de Malaisia co apoio financeiro chinés para construír unha ponte de Melaka a Rupat e Dumai, que se chamará o Malacca Strait Bridge, aínda que Jakarta parece preferir construír primeiro a Ponte do Estreito de Sunda.

Migración das aves de rapinaEditar

Xunto coas illas Sangihe, a illa Rupat localízase na ruta aérea de Asia Oriental-Australasia, un corredor usado polas Aves de rapina para a migración. 24 dos 56 tipos de rapina asiáticos pódense atopar en ambos lugares. De setembro a novembro, ata 2.000 aves de rapina migran á Illa Rupat todos os días, mentres que a migración ocorre entre febreiro e abril.[1]

NotasEditar

  1. "Pulau Rupat Habitat Penting Raptor Asia". 29 de decembro de 2013. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar