Rubén Suárez Sousa

músico galego

Rubén Suárez Sousa, nado en Vigo o 22 de xuño de 1973, é un músico e deseñador gráfico galego, tamén coñecido como Ruben Xuarez. Desenvolve a súa carreira musical como compositor e multinstrumentista na banda de cosmic rock Family Folks.

Rubén Suárez Sousa
Ruben Xuarez 2017.jpg
Ruben Xuarez (Rubén Suárez Sousa) nun concerto de Family Folks en 2017
Nacemento22 de xuño de 1973
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico e deseñador gráfico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comeza a súa traxectoria musical en 1991 na banda Foggy Mental Breakdown[1] da que tamén formaban parte inicialmente outros músicos galegos: Óscar Liboreiro, Diego de Luis, Eladio Santos (actualmente en Eladio y los seres queridos), Óscar Avendaño (actualmente baixista de Siniestro Total) e Xabier Vieitez (Transilvanians, The Soul Jacket). Foi tamén integrante da banda Los tres sudamaricones (1996), formada por Tony Lomba (Germán Fandiño), Eladio Santos, Rubén da Sousa Jr. (alias nese momento de Rubén Suárez Sousa) e Javier Lado. O seguinte proxecto musical no que participou foi Los High Sierras (2001), xunto cos irmáns Bruno e Jacobo Jiménez e Andrés Cunha. A xénese de Los High Sierras tivo lugar a partir da banda de versións de garaxe e rhtyhm&blues Doctor 5 & the Rhythm Section, tras unirse a ela o batería Andrés Cunha.[2] Despois desta formación participou no grupo de versións Mec Mecs, xunto con Javier Molina (actualmente coñecido como Harvey Springfield [3]) e Óscar Rodríguez. En 2014 funda o grupo de folk rock Family Folks co músico Bosco Hill, e xuntos conforman o núcleo compositivo desta formación. En 2015 únense á banda os irmáns Jorge Lorre (Jorge López González) e Rufus "El Guarro" (Martín López González), ambos integrantes doutras bandas galegas como Dead Wood, Los Wavy Gravies ou The Bo Derek's (xunto con Óscar Avendaño); e o teclista Xabier Vieitez (Transilvanians, The Soul Jacket). Rubén Suárez compaxina a súa carreira musical co seu traballo como deseñador gráfico[4].

GalardónsEditar

En 2007 gañou o Premio á Investigación da Deputación de Pontevedra (categoría Provincia de Pontevedra)[5] polo estudo realizado xunto con Susana Rodríguez Barcia Después de la movida. La música pop y rock en Pontevedra entre 1990 y 2007.

Discografía con Foggy Mental BreakdownEditar

  • Pleased to meet you EP (1995), Man Records.
  • Bizarre Bizarre [6]LP/CD (1997), Animal Records.

Discografía con Los High SierrasEditar

  • Los High Sierras LP/CD (2003), City Lights.
  • “Viva Rock&Roll” en VVAA: A Tribute to Mr. Rock (LP, Bronco, 2005)
  • Fortune & Venture LP/CD (2006), City Lights.

Discografía con Family FolksEditar

  • All the Lost Causes[7] LP (2016), Gaztelupeko Hostak.
  • All the Lost Causes CD (2016), Gaztelupeko Hostak.
  • The Anvil Sea (CD) (2018), Gaztelupeko Hostak.
  • The Anvil Sea[8] (2LP) (2019), Gaztelupeko Hostak.

Videoclips con Family FolksEditar

  • Sea of Whiskey, (Dirixido por Miguel Alvarez Aguiar, 2017).
  • The River, (Dirixido por Buhardilla Lab, 2019).

NotasEditar

  1. Fernández Rego, Fernando (2018). Unha historia da música en Galicia. 1952-2018. Galaxia. p. 329. ISBN 978-84-9151-337-7. 
  2. "Biografía de Los High Sierras - La Fonoteca". lafonoteca.net (en castelán). Consultado o 2020-06-01. 
  3. "Harvey Springfield – Folk/Punk/Rock" (en inglés). Consultado o 2020-06-01. 
  4. "«De niño tenía obsesión por dibujar barcos, tanques y todo tipo de armas»". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-05-25. Consultado o 2020-06-01. 
  5. "depontevedra.es - Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra". arquivos.depo.es. Consultado o 2020-06-01. 
  6. "LaFonoteca, Disco: Bizarre Bizarre". lafonoteca.net (en castelán). Consultado o 2020-06-01. 
  7. "Los mejores discos de americana nacional de 2016". MondoSonoro (en castelán). 2016-12-30. Consultado o 2020-06-01. 
  8. "Family Folks disco The Anvil Sea, comentario disco, 12 Marzo, 2019". La Ganzua (en castelán). 2019-03-12. Consultado o 2020-06-01. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar