Eladio Santos

compositor galego

Eladio Santos, nado en Vigo, é un compositor galego de indie pop. É coñecido pola colaboración en grupos como Medusa, Foggy Mental ou Eladio y los seres queridos, sendo este último no que leva involucrado dende 2005 ata hoxe.

Infotaula de personaEladio Santos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoVigo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: Eladioylosseres Discogs: 3905931 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria musical editar

Medusa editar

Medusa foi un grupo galego de pop-rock de principios do 2000, con letras en castelán. En 2003 editaron a entrega discográfica "Larga duración".

Este grupo iniciouse coa composición "Que estalle una bomba", na cal Eladio Santos quixo engadir un son. A partir disto, Eladio quixo formar un grupo que tocase cancións coma esa. O disco foi editado por GASA, que pertence á multinacional Warner Music Group. Isto axudoulles a seren coñecidos non só na cidade olívica, senón no resto do estado. Os temas destas cancións xiran arredor do desamor ou da xuventude e o seu tránsito cara a madurez, e reflicten a vida dos compoñentes do grupo nese momento. Tódalas cancións están escritas en castelán.

Eladio y los seres queridos editar

Fundados en 2005 por Eladio, o pianista Manuel Santamarina e o baixista Pablo Muñiz. En decembro de 2007 publicou o seu primeiro álbum en formato CD como Eladio y los seres queridos, Esto que tienes delante, gravado con Grabaciones en el mar e producido por Juan de Dios en Casa de Dios en Madrid.

En 2008 acadaron o recoñecemento como novo talento FNAC, e o videoclip "Espanha a las 8" obtivo o premio do público no Festival de Cans. En 2011 editaron o disco Están ustedes unidos, producido por Manuel Colmenero e Javibu Carretero nos estudios Sonobox de Madrid. En 2014 lanzaron o disco Orden invisible, tamén producido por Colmenero e Carretero.

En 2017 o disco Cantares, compilación de cancións populares galegas producida e gravada polo propio Eladio, acadou un premio MIN ao álbum en galego do ano. En 2018 publicaron Historias de caza, autoproducido, que obtivo un premio Martín Codax. En 2020 editouse Academia.


Discografía editar

  • Esto que tienes delante (2007)
  • Están ustedes unidos (2011)
  • Orden invisible (2014)

Videoclips editar

  • "Espanha a las 8"
  • "El tiempo futuro
  • "Seremos santos Inocentes"

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


Ligazóns externas editar