Roy J. Plunkett

químico estadounidense

Roy J. Plunkett, nado en New Carlisle (Ohio) o 26 de xuño de 1910 e finado en Corpus Christi (Texas) o 12 de maio de 1994, foi un químico estadounidense. Descubriu o politetrafluoroetileno (PTFE), é dicir, o teflón en 1938.

Infotaula de personaRoy J. Plunkett
Biografía
Nacemento26 de xuño de 1910 Editar o valor em Wikidata
New Carlisle, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 1994 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Corpus Christi, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Ohio
Universidade de Manchester
Bethel High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímico , inventor , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Plunkett-1325

Traxectoria editar

Primeiro anos e educación editar

Plunkett naceu en New Carlisle, Ohio, e asistiu ao Newton High School en Pleasant Hill, Ohio.[1]

Graduouse pola Universidade de Manchester cun B.A. en química en 1932. Recibiu o seu doutoramento en química en 1936 pola Universidade Estatal de Ohio co seu traballo The Mechanism of Carbohydrate Oxidation.[2] ).[3]

Carreira editar

 
Cuberta termal de teflón con impactos do NASA Ultra Heavy Cosmic Ray Experiment (UHCRE)

En 1936, foi contratado como químico investigador do E.I. du Pont de Nemours and Company no seu laboratorio Jackson Laboratory de Deepwater, New Jersey.[1]

O descubrimento do teflón está ben descrito polas propias palabras de Plunkett:[4]

A mañá do 6 de abril de 1938, Jack Rebok, o meu axudante, seleccionou un dos cilindros de TFE que estivéramos empregando o día anterior e preparou o aparato para funcionar. Cando abrimos a válvula (para deixar o gas TFE fluír do cilindro baixo a súa propia presión) non pasou nada... Estabamos nunha disxuntiva. Non podía pensar en nada máis que facer baixo esas circunstancias, así que desenroscamos a válvula do cilindro. Nese tampo estaba bastante claro que non quedara ningún gas. Coidadosamente coloquei o cilindro boca abaixo e caeu un po abrancazado sobre o banco do laboratorio. Raspamos algo co arame dentro do cilindro... para conseguir máis po. O que obtiven desa forma non sumaba todo, así que sabía que tiña que haber máis, dentro. Finalmente decidimos cortar e abrir o cilindro. Cando o fixemos, atopamos máis dese po pegado no fondo e nas caras máis baixas do cilindro".[5]

Plunkett contou máis adiante que os cilindros de TFE que estaban a ser empregados contiñan arredor de 1 kg cada un, co que serían cilintros de tamaño relativamente pequenos, non grandes. O tetrafluoroetileno no colector polimerizara en politetrafluoroetileno, un sólido ceroso con propiedades sorprendentes como a resistencia á corrosión, fricción superficial baixa e alta resistencia á calor. Plunket contou a historia do seu descubrimento accidental na reunión de primavera da American Chemical Society na sección de historia da química en abril de 1986 en Nova York, e foi publicada nas actas do simposio.

Foi o químico xefe involucrado na produción do tetraetilo de chumbo, aditivo da gasolina no DuPont's Chambers Works entre 1939 e 1952. Tras iso, dirixiu a produción de Freon en DuPont antes de xubilarse en 1975.[6]

Plunkett faleceu de cancro o 12 de maio de 1994 na súa casa de Texas aos 83 anos.[3][7][8]

Premios editar

Plunkett recibiu a medalla John Scott da cidade de Philadelphia en 1951,[6] pola invención que promove a "comodidad, benestar e felicidade do ser humano".[9] Os asistentes recibiron unha lata de muffin recuberta de teflón para levar á casa.[10] A este seguírono outros premios e honras. Plunkett foi incluído no Plastics Hall of Fame en 1973[11] e no National Inventors Hall of Fame en 1985.[12]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Bohning, James J. (27 de maio de 1986). Roy J. Plunkett, Transcripts of Interviews Conducted by James J. Bohning in New York City and Philadelphia on 14 April and 27 May 1986 (PDF). Philadelphia, PA: Beckman Center for the History of Chemistry. 
  2. Plunkett, RJ; Evans, WL JOURNAL OF THE AMERICAN CHEMICAL SOCIETY 60 1938 2847-2852 DOI: 10.1021/ja01279a007
  3. 3,0 3,1 "Inventor profile". National Inventors Hall of Fame Foundation, Inc. 2007. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2008. Consultado o 10 de xaneiro de 2008. 
  4. Plunkett, RJ The History of Polytetrafluoroethylene: Discovery and Development, pages 261-266 in "High Performance Polymers: Their Origin and Development. Proceedings of the Symposium on the History of High Performance Polymers at the American Chemical Society Meeting held in New York, April 15–18, 1986." Seymour RB and Kirshenbaum GS, Editors, Elsevier, Nova York, 1986. ISBN 0-444-01139-0
  5. Orixinal en inglés: "On the morning of April 6, 1938, Jack Rebok, my assistant, selected one of the TFE cylinders that we had been using the previous day and set up the apparatus ready to go. When he opened the valve — to let the TFE gas flow under its own pressure from the cylinder — nothing happened...We were in a quandary. I couldn't think of anything else to do under the circumstances, so we unscrewed the valve from the cylinder. By this time it was pretty clear that there wasn't any gas left. I carefully tipped the cylinder upside down, and out came a whitish powder down onto the lab bench. We scraped around some with the wire inside the cylinder...to get some more of the powder. What I got out that way certainly didn't add up, so I knew there must be more, inside. Finally...we decided to cut open the cylinder. When we did, we found more of the powder packed onto the bottom and lower sides of the cylinder".
  6. 6,0 6,1 Center for Oral History. "Roy J. Plunkett". Science History Institute. Consultado o 21 de febreiro de 2018. 
  7. "Dr. Roy J. Plunkett: Discoverer of Fluoropolymers" (PDF). The Fluoropolymers Division Newsletter (Summer): 1–2. 1994. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xullo de 2003. Consultado o 15 de xuño de 2019. 
  8. "Roy J. Plunkett Is Dead at 83; Created Teflon While at Du Pont". Consultado o 20 de agosto de 2015. 
  9. "The Inventor of Teflon". Teflon Assessment. Consultado o 22 de febreiro de 2018. 
  10. "Roy J. Plunkett". Science History Institute. Consultado o 21 de febreiro de 2018. 
  11. "Roy J. Plunkett". The Plastics Academy's Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 21 de outubro de 2013. 
  12. "DuPont Heritage Timeline: 1938 Roy Plunkett". DuPont. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar