Rostro (animais)

(Redirección desde «Rostrum»)
Este artigo trata de diferentes tipos de estruturas cefálicas de moitos animais. Para o rostro humano ou cara, véxae Face.

O rostro, do latín rostrum, "bico" (das aves), é unha estrutura presente na cabeza de diferentes grupos de animais, adoptando formas diversas e que, en xeral, recordan a forma do bico das aves.

O rostro do camarón Macrobrachium rosenbergii ten os bordos serrados.

O seu uso nos diferentes grupos de animais non indica unha relación filoxenética nin embrionaria destes órganos.

Nos crustáceos, o rostro, tamén denominado rostrum, en latín, na bibliografía carcinolóxica, é a extensión anterior do cefalotórax, xeralmente aguzada, que se proxecta máis alá dos ollos.[1]

Nos insectos da orde dos hemípteros, o rostro é o nome que se lle dá ao seu aparello bucal chupador. Tamén se lle pode chamar rostro ao longo fociño dos curculiónidos.[2]

Os moluscos gasterópodos teñen un rostro ou probóscide.[3]

O bico, nariz ou fociño dos vertebrados tamén pode denominarse rostro ou cara, especialmente no caso dos golfiños e outros cetáceos.[4]

Galería de imaxes de rostros en diferentes animais editar

Notas editar

  1. Charles Drew (17-11-2003). "Crustacea". Universitat de Bristol. Arquivado dende o orixinal o 03-07-2012. Consultado o 6/01/2013. 
  2. George Gordh, Gordon Gordh e David Headrick (2003). "Rostrum". A Dictionary of Entomology. CAB International. p. 792. ISBN 9780851996554. 
  3. Douglas Grant Smith (2001). "Mollusca (gastropods, pelecypods)". Pennak's freshwater invertebrates of the United States: Porifera to Crustacea (4ª edición ed.). John Wiley and Sons. pp. 327–400. ISBN 9780471358374. 
  4. http://www.dolphins-world.com/dolphin-anatomy/