Rosendo Vila Fernández

político galego

Rosendo Vila Fernández, nado en Ribas Pequenas (Bóveda) en 1886 e finado en Monforte de Lemos o 7 de setembro de 1936, foi un político galego.

Rosendo Vila Fernández
Nacemento1886
Lugar de nacementoRibas Pequenas
Falecemento7 de setembro de 1936
Lugar de falecementoMonforte de Lemos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Emigrou a Cuba onde foi director da revista mercantil Caduceo.[1]. Casou en Alacant con Mercedes Torregrosa Lluch en 1921.[2] Ao regreso instalouse en Monforte de Lemos. Membro do Partido Republicano Radical, colaborou en El Combate. Despois militou en Unión Republicana. Foi nomeado alcalde de Monforte de Lemos en febreiro de 1935, deixou a alcaldía o 17 de xullo dese ano por ter que ausentarse de Monforte por un tempo. Enfrontouse con Andrés Gil Municio, líder do dereitista Partido Agrario Español. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado por un grupo de falanxistas encabezado polo presidente do Sindicato Agrario de Monforte, o 7 de setembro de 1936, na súa casa de Vilanova, en presenza da súa muller e filla.[3] Logo da súa morte a súa muller e a súa filla abandonaron Monforte e establecéronse en Alacant.


Predecesor:
Manuel Maseda Cadórniga
  
Alcalde de Monforte de Lemos
 
1935
Sucesor:
Álvaro Rodríguez Pérez

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar