Rosario Mariño de Lobeira
María del Rosario Mariño de Lobeira e Pardo de Figueroa, ou de Lobera, nada en Pontevedra o 14 de novembro de 1734[1] foi unha nobre galega do século XVIII da Casa Mariño de Lobeira.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1743 (280 anos) Pontevedra, España |
Familia | |
Pai | Fernando Pablo Mariño de Lobeira Nieto |
Traxectoria
editarFilla de Fernando Pablo Mariño de Lobeira Nieto e da dama betanceira María Juana Micaela Pardo de Figueroa, era a maior de catro irmás, todas mulleres. Grazas a iso herdou do seu pai os títulos de condesa do Arco, condesa de Guaro, marquesa de Villafiel e IV marquesa da Serra.[2] Casou en 1751[1] co militar e nobre madrileño Antonio Patiño e Castro.[3]
Viviu en Zaragoza.
Todos os seus títulos nobiliarios pasaron ao seu fillo Ramón Patiño Mariño de Lobeira, que xa naceu fóra de Galicia. A partir de Rosario Mariño, os posuidores destes títulos deixan de ser galegos.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 de Cadenas Vicent, Vicente (1980). Caballeros de la Orden de Santiago. Siglo XVIII. Hidalguía. ISBN 8400046188.
- ↑ "IV Marquesa de la Sierra María del Rosario Mariño de Lobeira Pardo Figueroa". sologenealogia.com. Arquivado dende o orixinal o 03-08-2017. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Mariño de Lobeira". Xenealoxía.org. Consultado o 03-08-2017.