Rosa Pons i Fábregas

mestra e pedagoga catalá

Rosa Pons i Fábregas, nada en Barcelona o 17 de marzo de 1902[1] e finada en Parada de Sil en 1988, foi unha mestra e pedagoga catalá residente en Galicia.

Modelo:BiografíaRosa Pons i Fábregas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1902 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte1988 Editar o valor en Wikidata (85/86 anos)
Parada de Sil, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra, pedagoga Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4930097

Traxectoria

editar

Destinada a Parada de Sil en 1925 como castigo da ditadura de Primo de Rivera polo seu catalanismo, acabou instalándose alí, casando en 1927 e tendo fillos. Alí puxo en práctica a pedagoxía da Escola Nova.

En 1932 e 1933 organizou as Misións Pedagóxicas, xunto co mestre Alfonso García Rojo. Xuntaron as dúas escolas, para tentar a graduación e a coeducación, como vantaxes pedagóxicas.

En xuño de 1933 decidiu trasladarse a Barcelona, no Ramón Llull, primeiro, e no Isaac Albéniz, máis tarde, onde chegou a xubilarse como directora. Consérvanse uns cadernos de aulas, escritos en catalán polo seu alumnado durante os anos 1934 e 1936.

Durante o franquismo traballou aqueles aspectos que o réxime non acada a ver como perigosos: o teatro.

Unha vez xubilada en 1967, regresou a Parada de Sil e fixo traballo comunitario. Xuntou a veciñanza para a preservación das festas e tradicións populares a través do Teleclube.

Recoñecementos

editar

En 2009 recibiu unha homenaxe do Concello de Parada de Sil, que lle deu o seu nome a unha praza e promoveuse a edición dunha biografía.

  1. Primer escalafón de maestras de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 32. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar