Rosa María Menéndez López

científica e investigadora asturiana

Rosa María Menéndez López, nada en Cudillero o 11 de febreiro de 1956, é unha científica española, presidenta do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) dende novembro de 2017. É a primeira muller que preside a institución dende a súa creación en 1937.

Infotaula de personaRosa María Menéndez López

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de febreiro de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Corollos, España Editar o valor em Wikidata
Spanish National Research Council president (en) Traducir
2017 –
← Emilio Lora-Tamayo (en) TraducirEloísa del Pino (en) Traducir →
CSIC Reseach Professor (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica , investigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConsello Superior de Investigacións Científicas Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1351555

Traxectoria editar

 
Rosa Menéndez nun acto sobre a Ciencia e Investigación na Axenda 2030 en 2019.

Menéndez López licenciouse en química orgánica na Universidade de Oviedo en 1980 e posteriormente doutorouse na mesma universidade en 1986.[1][2] Empezou a traballar no CSIC, no Instituto Nacional do Carbón de Oviedo.[3] En maio de 2003 accedeu, mediante un proceso de promoción interna, á escala de Profesores de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas.[4]

Durante a súa traxectoria profesional colaborou con numerosas industrias do sector eléctrico, aeronáutico, carboquímico e petroquímico. Presidiu a Asociación Europea de Materiais de Carbono (ECA).[5] Tamén realizou estancias en diversos centros de investigación estranxeiros, como o Northern Carbon Research Laboratories da Universidade de Newcastle, en Newcastle upon Tyne, no Reino Unido; a Universidade de Clemson en Carolina do Sur, nos Estados Unidos; no Imperial College de Londres ou a Universidade de Nottingham.[6]

O seu traballo como investigadora está relacionado cos materiais e a enerxía, téndose ocupado da optimización dos procesos de conversión do carbón e revalorización dos seus derivados, así como os procedentes do petróleo mediante a súa utilización como precursores de materiais de carbono, iniciando unha liña de investigación sobre o grafeno e a súa utilización en varias aplicacións, como o almacenamento de enerxía e os reactores nucleares de fusión, e tamén no eido da biomedicina.[1] Participou en máis dunha trintena de proxectos de investigación de carácter rexional, nacional e europeo, encabezando como investigadora principal unha vintena destes e coordinando cinco europeos. Ademais, publicou máis de 200 artigos en revistas internacionais de alto índice de impacto, varios capítulos de libros, dous libros de divulgación, e dirixiu varias teses doutorais. Tamén dispón de nove patentes.[2]

Dende 2003 até 2008 dirixiu o Instituto Nacional do Carbón (INCAR), e entre maio de 2008 e febreiro de 2009 ocupou o cargo de Vicepresidenta de Investigación Científica e Técnica do CSIC. É membro do Consello Reitor da Axencia Estatal de Investigación e da Comisión Nacional de Avaliación da Actividade Investigadora, así como do Comité Científico Asesor do Principado de Asturias.

O 17 de novembro de 2017, a proposta do Ministerio de Economía e Competitividade de España, o goberno español aprobou o nomeamento de Rosa María Menéndez como presidenta do Consello Superior de Investigacións Científicas, substituíndo no cargo a Emilio Lora-Tamayo, despois de que este o ocupase dende xaneiro de 2012, e anteriormente entre os anos 2003 e 2004.[7] Menéndez convértese, deste xeito, na primeira muller que preside o maior organismo público de investigación de España, cun persoal de 13 000 investigadores, dos cales o 35,7% son mulleres.[1]

Notas editar