Rosa Gallego
funcionaria e política galega do PPdeG
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Rosa María Gallego Neira, nada na Coruña o 15 de xuño de 1964, é unha funcionaria e política galega do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1964 ![]() A Coruña, España ![]() |
![]() | |
2023 – | |
Deputada provincial | |
2016 – 2023 | |
![]() | |
2011 – 2023 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | política, funcionaria pública ![]() |
Partido político | Partido Popular de Galicia ![]() |
Traxectoria
editarÉ licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria da Xunta de Galicia. Foi responsábel da concellaría de Economía e Facenda do goberno municipal coruñés presidido por Carlos Negreira de 2011 a 2015. Após as eleccións municipais de 2015, ás que se presentou como número dous nas listas do Partido Popular de Galicia, pasaría ás bancadas da oposición.
En febreiro de 2016 foi elixida por unanimidade polos seus compañeiros da agrupación local como nova portavoz do PPdeG no Concello da Coruña após a renuncia de Negreira[1]. Un mes máis tarde, saíu elixida como secretaría xeral do PPdeG para a provincia[2].
Notas
editar- ↑ "Rosa Gallego, nueva portavoz del PP coruñés". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-02-06. Consultado o 2016-08-29.
- ↑ Rodríguez, Miguel. "Calvo nombra a Rosa Gallego su ´número 2´ al asumir la presidencia del PP provincial". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2016-08-29.