Ron Baker

baloncestista estadounidense

Ronald Delaine Baker, nado o 30 de marzo de 1993 en Hays, Kansas, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional que xogou durante tres anos na National Basketball Association (NBA).

Ron Baker
Posición Escolta / Base
Información persoal
Nacemento 30 de marzo de 1993 (31 anos)
Kansas Hays, Kansas
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Información da carreira
Instituto Scott City (Scott City, Kansas)
Universidade Wichita State (2012–2016)
NBA Draft 2016 / Elección: Sen draftear
Carreira 2016–2020
Historial de equipos
New York Knicks (2016–2018)
Westchester Knicks (2016–2017)
Washington Wizards (2018–2019)
CSKA Moscova (2019–2020)

Traxectoria

editar

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2016, Baker uniuse ós New York Knicks para a Liga de Verán da NBA de 2006.[1] O 1 de agosto de 2016, asinou cos Knicks.[2] Debutou cos Knicks o 25 de outubro de 2016, facendo cinco puntos e un rebote en sete minutos de xogo na derrota por 117–88 contra os Cleveland Cavaliers.[3] O 7 de agosto de 2017, Baker asinou un novo contrato cos Knicks.[4] Foi cortado polos Knicks o 13 de decembro de 2018.[5]

O 20 de decembro de 2018, Baker asinou cos Washington Wizards,[6] pero foi cortado o 7 de xaneiro de 2019 tras participar en tan só catro partidos.

O 1 de agosto de 2019, Baker asinou un contrato co PBC CSKA Moscova da VTB United League e da Euroliga.[7] O 27 de maio de 2020, Baker deixou o CSKA.[8]

O 25 de agosto de 2021, Baker anunciou a súa retirada coma xogador profesional de baloncesto.[9]

  1. "Knicks to Participate in Orlando Pro Summer League". NBA.com. 27 de xuño de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2016. 
  2. "Knicks Sign Ron Baker". NBA.com. 1 de agosto de 2016. Consultado o 1 de agosto de 2016. 
  3. "Knicks vs. Cavaliers – Box Score". ESPN.com. 25 de outubro de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2016. 
  4. "Knicks Re-Sign Ron Baker". NBA.com. 7 de agosto de 2017. Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  5. "Knicks sign rookie Trier to guaranteed NBA deal, waive Baker". AP News. 13 de decembro de 2018. Consultado o 14 de decembro de 2018. 
  6. "Wizards sign Ron Baker". NBA.com. 20 de decembro de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  7. "Cska Moscow signs Ron Baker". Sportando. 1 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2019. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  8. "CSKA Moscow, Ron Baker part ways". Sportando. 27 de maio de 2020. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  9. "Ron Baker deja el baloncesto con apenas 28 años y se dedicará a la atención médica". Eurohoops. 25 de agosto de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar