Romanyà de la Selva

Coordenadas: 41°51′00″N 02°59′06″L / 41.85000, -2.98500

Romanyà de la Selva é unha localidade do concello de Santa Cristina d'Aro, na provincia de Xirona. Atópase no corazón da serra das Gavarres, a 325 metros de altitude e a uns 6 km de Platja d'Aro, na Costa Brava.

Núcleo antigo

Tiña en 2011 unha poboación de 369 habitantes, agrupados nos núcleos de Romanyà, Sant Miquel d'Aro e a urbanización de Vall Repòs. Foi unha das catro parroquias que se segregaron en 1858 do concello de Castell d'Aro para formar o de Santa Cristina d'Aro.

En 1972 a escritora Mercè Rodoreda instalouse nun dos novos chalés da urbanización. Alí acabou algunhas das súas novelas, como Mirall trencat.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar