Santa Cristina d'Aro

Coordenadas: 41°48′53″N 03°00′04″L / 41.81472, -3.00111

Santa Cristina d'Aro é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña, que forma parte da comarca do Baix Empordà.

Vista do concello dende Romanyà de la Selva.

Tiña en 2015 unha poboación de 5.089 habitantes agrupados en varias entidades de poboación: Bell-lloc, Bufaganyes, Canyet, Romanyà de la Selva, Salom, Santa Cristina d'Aro, Solius, el Vilar, Roca de Malvet, Camps de Santa Maria e Santa Llogaia d'Àlguema.

Dependente tradicionalmente da vila de Castell d'Aro, en 1858 formouse o concello de Santa Cristina d'Aro a partir da segregación de catro parroquias que formaban parte de Castell d'Aro: Bell-lloc, Santa Cristina, Solius e Romanyà de la Selva. A parroquia de Santa Cristina, pola súa situación no centro da Vall d'Aro e preto das vías de comunicación con Sant Feliu de Guíxols e Xirona foi escollida capital municipal.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar