Romano Floriani Mussolini

futbolista italiano

Romano Benito Floriani Mussolini,[1] tamén coñecido polos medios italianos como Mussolini Jr.,[2] nado en Roma o 27 de xaneiro de 2003, é un futbolista italiano que xoga como lateral dereito ou centrocampista na Lazio. É fillo da política Alessandra Mussolini, neto do pianista Romano Mussolini e bisneto do ditador fascista Benito Mussolini.[3]

Romano Floriani Mussolini
Información persoal
Nome Romano Benito Floriani Mussolini
Nacemento 27 de xaneiro de 2003
Lugar de nacemento Roma
Altura 1.88 metros
Posición Defensa, centrocampista
Información de club
Club actual Lazio
Carreira xuvenil
–2016 Roma
2016–2021 Lazio
2018Vigor Perconti (cedido)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2021– Lazio 0 (0)
Na rede
Instagram: romanoflorianimussolini Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en 2003 en Roma, sendo o terceiro fillo de Mauro Floriani e da eurodeputada de Forza Italia, Alessandra Mussolini.[4][5] No seu bautismo, debido ao desexo de súa nai de que non se perdese o apelido "Mussolini", recibiu dous apelidos, despois dun acordo coas autoridades civís e a Igrexa católica para esta excepción á costume italiana e ás leis, que permitían só un apelido.[5][6][7] Ademais, recibiu como segundo nome "Benito", na honra do seu bisavó, o ditador italiano Benito Mussolini.[6] Foi educado na St. George's British International School de Roma e fíxose coñecido no país ao aparecer con súa nai no programa de televisión Ballando con le Stelle.[8][3]

Como futbolista editar

Comezou a súa carreira futbolística xogando nos equipos xuvenís da Roma antes de fichar pola Lazio cando tiña 13 anos.[4][9] En 2018 saíu cedido ao Vigor Perconti.[10] En marzo de 2021 asinou un contrato profesional coa Lazio ata 2024.[11]

Notas editar

  1. "Benito Mussolini’s great-grandson joins Lazio’s Primavera" (en inglés). 3 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  2. "Mussolini Jr: «Alla Lazio il mio cognome non pesa, qui sono solo Romano»". Il Messaggero (en italiano). 3 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Great-grandson of fascist dictator Mussolini joins Lazio's under-19 team". The Guardian (en inglés). 2 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  4. 4,0 4,1 "Romano Mussolini, alla Lazio Primavera il figlio di Alessandra" (en italiano). 2 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "Chi sono Caterina, Clarissa e Romano, i tre figli di Alessandra Mussolini" (en italiano). 1 de decembro de 2020. Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  6. 6,0 6,1 "Il Duce’s name is all right for my son" (en inglés). 9 de outubro de 2003. Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  7. "Landmark ruling means Italian mums can give children their surname" (en inglés). 10 de novembro de 2016. Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  8. "Romano Floriani Mussolini alla Lazio, chi è il terzino della Primavera" (en italiano). 2 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  9. "Lazio, dalla Roma arriva il 2003 Floriani Mussolini" (en italiano). 10 de xullo de 2016. Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  10. "Vigor Perconti: dalla Lazio arriva Floriani Mussolini" (en italiano). 3 de xaneiro de 2018. Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  11. "Lazio sign Benito Mussolini's great-grandson Romano Floriani Mussolini on deal until 2024" (en inglés). 24 de marzo de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021.